Täby
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Estocolmo | ||||
| Capital | Täby | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 78.547 (2026) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 71,22 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Organización política | |||||
| • Presidente da xunta municipal | Stefan Klåvus (1998–2004) Filippa Reinfeldt (2004–2006) Leif Gripestam (2006–2018) Erik Andersson (2018–) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | taby.se | ||||
Täby é un concello sueco no condado de Estocolmo. A administración municipal estaba situada anteriormente no distrito municipal de Roslags-Näsby, pero mudouse en 2017 a un novo edificio municipal adxacente ao centro comercial Täby Centrum.
Ao redor do 40% da superficie do concello está urbanizada. Partes da antiga paisaxe natural e cultural de Täby consérvanse no norte e nas beiras do lago Vallentuna.
A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polas industrias de servizos, as activides comisionadas (uppdragsverksamhet) e o comercio.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva. En decembro do ano 2024 Täby tiña unha poboación de 77 744 habitantes.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Täby atópase no sueste da provincia histórica de Uppland, coa baía de Stora Värtan e o mar Báltico ao leste. O municipio limita ao leste co concello de Österåker, ao sur co de Danderyd, ao oeste cos de Sollentuna e Upplands Väsby e ao norte co de Vallentuna, todos eles no condado de Estocolmo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-04.
