Sylvia Kristel
Sylvia Maria Kristel | |
---|---|
![]() Sylvia Kristel, 1973. | |
Nome completo | Sylvia Maria Kristel |
Nacemento | 28 de setembro de 1952 |
Lugar | Utrecht, Países Baixos |
Falecemento | 18 de outubro de 2012 |
Lugar | Ámsterdam, Países Baixos |
Causa | cancro do esófago e cancro de pulmón |
Soterrado | Utrecht |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Profesión | Actriz (1973 - 2010) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sylvia Kristel, nada en Utrecht o 28 de setembro de 1952 e finada en Ámsterdam o 17 de outubro de 2012[1], foi unha actriz, modelo e cantante holandesa. O seu papel de maior sona foi o de protagonista do filme erótico francés Emmanuelle en 1974.
Inicios[editar | editar a fonte]
Comenzou a súa carreira profesional coma modelo adolescente, sendo escollida Miss TV Europe no 1972
Emmanuelle[editar | editar a fonte]
Kristel acadou sona en todo o mundo ó protagonizar en 1974 a súa primeira película, Emmanuelle, baseada na novela homónima de Emmanuelle Arsan, e dirixida por Just Jaekin. A actriz cobrou pola súa participación 150.000 dólares, recadándose entre 50 e 350 millóns de dólares.
Posteriormente protagonizou varias secuelas, como Emmanuelle 2 (1975), Goodbye Emmanuelle (1977) e Emmanuelle 4 (1984).
Outras actuacións[editar | editar a fonte]
Malia ser basicamente coñecida pola súa participación en películas de contido erótico, coma as da saga Emmanuelle, Kristel interpretou personaxes como Lady Chatterley, nunha adaptación da novela de 1981, O amante de Lady Chatterley, ou a espía Mata Hari.
Últimos anos[editar | editar a fonte]
Logo de superar un cancro de gorxa no 2003 retomou a súa actividade interpretativa, e no 2006 publicou as súas memorias co título de Nue (Espida).
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sylvia Kristel ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista con Sylvia KristelArquivado 25 de maio de 2008 en Wayback Machine., The Daily Telegraph, 16 de xuño de 2007.
- Emmanuelle star publishes autobiography, The Sunday Times, 3 de setembro de 2006.