Sylvia Beach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sylvia Beach
Sylvia Beach at Shakespeare & Co Paris 1920.jpg
Nome completoSylvia Nancy Woodbridge Beach
Nacemento14 de marzo de 1887
Lugar de nacementoBaltimore
Falecemento5 de outubro de 1962 e 6 de outubro de 1962
Lugar de falecementoParís
SoterradaCemitério de Princeton
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónenfermeira, autobiógrafa, editora, escritora, editora literaria, tradutora, bibliotecaria, xornalista de opinión e libreira
PaiSylvester Beach
Na rede
IMDB: nm0063507 WikiTree: Beach-2477 Find a Grave: 68 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sylvia Beach, nada en Baltimore (Maryland) o 14 de marzo de 1887 e finada en París o 5 de outubro de 1962, nada co nome de Nancy Woodbridge Beach, foi unha libreira e editora estadounidense asentada en Francia, onde foi unha das figuras expatriadas destacadas entre a primeira e a segunda guerra mundial.[1]

É coñecida pola súa libraría parisiense, Shakespeare and Company, onde publicou o libro de James Joyce Ulises (1922), e apoiou a edición do primeiro libro de Ernst Hemingway Three Stories and Ten Poems (1923).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a segunda das tres fillas de Sylvester Beach and Eleanor Thomazine Orbison. A súa irmá máis vella era Holly, e a menor Cyprian.[2] Naceu na casa reitoral do seu pai. Se ben lle puxeron Nancy pola súa avoa materna, decidiu mudar o nome por Sylvia. Os seus avós maternos eran misioneiros na India, e o seu pai un sacerdote presbiteriano, descendente dunha saga de clérigos. Cando as rapazas eran novas a familia viviu en Baltimore e Bridgeton (Nova Jersey). En 1901 mudáronse a Francia logo de que Sylvester Beach fose destinado á Igrexa Americana en París, e nomeado director do centro de estudantes estadounidense.[1]

Beach estivo en París entre 1902 e 1905, regresou a Nova Jersey en 1906 cando o seu pai foi nomeado sacerdote da Igrexa Presbiteriana de Princeton. Beach fixo varias viaxes a Europa, viviu dous anos en España e traballou na Comisión Balcánica da Cruz Vermella. Durante os últimos anos da primeira guerra mundial regresou a París para estudar literatura francesa contemporánea.[1]

Facendo investigacións na Bibliothèque nationale de France deu nun xornal co nome dunha libraría de libros descatalogados, La Maison des Amis des Livres, no nº 7 da rúa de l'Odéon, no distrito 6[3]. Alí foi acollida pola propietaria, Adrienne Monnier, coa que conviviría e da que sería amante durante 36 anos[4] até o suicidio desta en 1955.

Beach montou a súa propia libraría, centrada en literatura en lingua inglesa, que nomeou Shakespeare and Company, no nº 8 da rúa Dupuytren, París VI.[1] Durante a Gran Depresión a libraría sufriu dificultades para saír adiante. En 1936 André Gide organizou un grupo de escritores no club chamado Friends of Shakespeare and Company, para que cada un pagase 200 francos ao ano para levar a cabo lecturas na libraría. Por entón acadou bastante sona. Aguantou aberta durante a toma de París en 1940, mais viuse obrigada a pechar a finais de 1941.[5]

En 1956 Beach escribiu Shakespeare and Company, unha memoria dos anos de entreguerras que detalla a vida cultural de París, con mencións a James Joyce, D. H. Lawrence, Ernest Hemingway, Ezra Pound, T. S. Eliot, Valery Larbaud, Thornton Wilder, André Gide, Leon-Paul Fargue, George Antheil, Robert McAlmon, Gertrude Stein, Stephen Benet, Aleister Crowley, Harry Crosby, Caresse Crosby, John Quinn, Berenice Abbott e Man Ray entre outros.

Logo do suicidio de Monnier en 1955, Beach tivo unha relación con Camilla Steinbrugge.[4][6] Seguiu vivindo en París até a súa morte en 1962, e foi soterrada no cemiterio de Princeton. O seu legado ficou arquivado na Universidade de Princeton.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Garner, 2010.
  2. 1900 United States Federal Census
  3. Beach, 1991. Páx. 12-13
  4. 4,0 4,1 4,2 "Sylvia Beach". May 4, 2003. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2008. Consultado o 2010-03-28. 
  5. Glass, 2009. Páx. 24–27
  6. Monnier e McDougall, 1996. Páx 529

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]