Saltar ao contido

Suzanne Lenglen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSuzanne Lenglen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Suzanne Rachel Flore Lenglen Editar o valor en Wikidata
24 de maio de 1899 Editar o valor en Wikidata
16º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1938 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
16º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia
Anemia perniciosa Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Ouen Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeagosto de 1926 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual   81 Editar o valor en Wikidata
Hall of fame Info HOF Editar o valor en Wikidata
Participou en
1920tennis at the 1920 Summer Olympics – women's singles (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1920tennis at the 1920 Summer Olympics – women's doubles (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1920tennis at the 1920 Summer Olympics – mixed doubles (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Great Women Athletes of the 20th Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0501840 Olympic.org: suzanne-lenglen WikiTree: Lenglen-1 Find a Grave: 10370680 Editar o valor en Wikidata

Suzanne Rachel Flore Lenglen, nada en París o 24 de maio de 1899 e finada na mesma cidade o 4 de xullo de 1938, foi unha tenista francesa, campioa olímpica, que obtivo 31 títulos de Grand Slam, doce deles individuais. Foi a primeira muller en converterse en tenista profesional. Dominou o tenis feminino entre 1919 e 1926. Alcumada "a divina" pola prensa francesa,[1] está considerada a primeira gran diva e campioa do tenis feminino, deporte en que rompeu barreiras cun xogo apaixonado. Negociou co deseñador Jean Patou a confección da súa roupa deportiva e en 1921 revolucionou o vestiario do tenis xogando cos brazos descubertos e con saias un pouco por debaixo dos xeonllos.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 14 anos xogou a súa primeira final dun grande aberto de tenis. Perdeu a final en 1914 mais meses despois converteuse na tenista máis nova en gañar un grande aberto ao conquistar o Campionato Mundial de Pista Dura, marca aínda vixente. Gañou seis torneos de Wimbledon entre 1919 e 1925 e seis Roland Garros entre 1920 e 1926. Foi ademais autora de varios libros sobre tenis.

En xuño de 1938 foi diagnosticada con leucemia e só tres semanas despois quedou cega. A principios de xullo, a prensa francesa anunciou que Lenglen estaba extremadamente fatigada e faleceu poucos días despois de anemia perniciosa.[4][5] Foi enterrada no Cimetière de Saint-Ouen en Saint-Ouen, nas proximidades de París.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Durante a súa carreira, Lenglen gañou 81 títulos individuais, sete dos cales os conseguiu sen perder ningún xogo, 73 títulos en dobres e 8 títulos en dobres mixtos. Mantense como a única xogadora en gañar os títulos de Wimbledon en individuais, dobres e dobres mixtos no mesmo ano (1920, 1922 e 1925).

O número total de Grand Slam gañados é de 31, aínda que os títulos obtidos no Campionato de Francia non se contabilizan sempre porque o torneo non estivo aberto a todos os xogadores ata 1925. De aí que algunhas fontes acrediten só 21 títulos.

Títulos individuais de Grand Slam

[editar | editar a fonte]
Ano Torneo Opoñente na final Marcador
1914 World Hard Court Championships Bandeira de Francia Germaine Golding 6-3, 6-2
1919 Wimbledon Dorothea Douglass 10-8, 4-6, 9-7
1920 Wimbledon (2) Dorothea Douglass 6-3, 6-0
1921 World Hard Court Championships (2) Molla Bjurstedt Mallory 6-2, 6-3
1921 Wimbledon (3) Elizabeth Ryan 6-2, 6-0
1922 World Hard Court Championships (3) Elizabeth Ryan 6-3, 6-2
1922 Wimbledon (4) Molla Bjurstedt Mallory 6-2, 6-0
1923 World Hard Court Championships (4) Kathleen McKane Godfree 6-2, 6-3
1923 Wimbledon (5) Kathleen McKane Godfree 6-2, 6-2
1925 Roland Garros (5) Kathleen McKane Godfree 6-1, 6-2
1925 Wimbledon (6) Joan Fry Lakeman 6-2, 6-0
1926 Roland Garros (6) Mary Browne 6-1, 6-0
Torneo 1914 1915 1916 1917 1918 1919 1920 1921 1922 1923 1924 1925 1926 GJ total
Australia NC NC NC NC NC NC NC NC A A A A A 0 / 0
Roland Garros1 C NC NC NC NC NC 1R C C C NC C C 6 / 7
Wimbledon A NC NC NC NC C C C C C SF C 3R 6 / 8
Estados Unidos A A A A A A A 2R A A A A A 0 / 1
GX por ano 1 / 1 0 / 0 0 / 0 0 / 0 0 / 0 1 / 1 1 / 2 2 / 3 2 / 2 2 / 2 0 / 1 2 / 2 1 / 2 12 / 16

C = Campioa. SF = Semifinal. 3R = 3.ª rolda. 2R = 2.ª rolda. 1R = 1.ª rolda NC = non celebrado. A = Ausente, non participou. GX = Torneos gañados / Torneos xogados

Recoñecementos póstumos

[editar | editar a fonte]
  • En 1997 a segunda pista do estadio Roland Garros, onde se xoga o Aberto de Francia, pasou a denominarse "Pista Suzanne Lenglen" na súa honra.
  • Catro anos despois, a Federación Francesa de Tenis organizou a primeira Copa Suzanne Lenglen para mulleres de máis de 35 anos. Se ben primeiro se levou a cabo en Francia, este evento dispútase nun país diferente cada ano.
  • Lenglen foi incluída no Salón da Fama do Tenis Internacional en 1978.
  • O 24 de maio de 2016 Google dedicoulle un doodle o día en que cumpriría 117 anos argumentando que "ela rompeu barreiras a través do seu xogo apaixonado, vestimenta pouco tradicional e a súa postura en contra das formalidades do deporte. Coa influencia de Lenglen o tenis feminino obtivo a atención que merecía e converteuse nun deporte non só para algúns, senón para todos".[3]
  1. Los 100 protagonistas del siglo XX. VVAA. El País S.A. 1992. ISBN 84-86459-41-9
  2. "Suzanne Lenglen, la Divine, habillée par Jean Patou". Photo Memory (en francés). Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Quién es Suzanne Lenglen, la diva del tenis a quien Google le dedicó su doodle". BBC Mundo. 24 de maio de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  4. "Le Journal". Gallica. 
  5. "CNN: Suzanne Lenglen – The first diva of tennis". Consultado o 16 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • La Méthode d'initiation au tennis de Suzanne Lenglen por Jean Tillier, Féderation française de lawn tennis. Gallimard 1942