Sutura lamboidea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Articulacións ou suturas óseas dun cranio humano.
1 sutura coronal;
2 sutura saxital;
3 sutura lamboide.

A sutura lamboidea ou lamboide é unha das suturas craniais, o que implica que é unha articulación inmóbil. Durante os primeiros anos de vida permanece sen osificarse por completo permitindo que o cerebro creza e os ósos se movan. Un peche prematuro podería provocar un perigoso aumento da presión intracranial.