Suta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Suta era un distrito hurrita situado ao norte ou noroeste da capital Washukanni. Como esta última non está identificada, a situación máis probábel do distrito sería o futuro Diyar Mudar.

O rei Suppiluliumas I non puido conquistar Washukanni sobre o -1340 e tívose que limitar a saquear o distrito de Suta.