Susana de Roma
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 280 Roma, Italia |
| Morte | 295 Roma, Italia |
| Causa da morte | decapitación |
| Actividade | |
| Período | Baixo Imperio Romano |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 11 de agosto |
| Patrón de | Mártir cristián |
| Compañeiro profesional | Gabinus: Gabinus and Susanna (en) |
| Familia | |
| Pai | Gabinus |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Susan, St. |
Susana (nada en 280 - finada en 295) foi unha cidadá romana decapitada por se negar a ofrecer sacrificios ao deus Xúpiter, considerada santa pola Igrexa Católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Roma no ano 280, filla de Gabino (futuro santo) e sobriña (segundo os seus haxiógrafos) do papa Caio, ambos os dous familiares achegados do emperador da época, Diocleciano. Pouco despois do nacemento da súa única filla, Gabino enviuvou e fíxose sacerdote. Susana, mentres tanto, foi educada no cristianismo por uns familiares. Posuidora dunha grande intelixencia, dende pequena amososu un grande interese polas escrituras sacras. Á idade de 12 anos dedicaba parte do seu tempo a comentar as mensaxes dos santos padres. Morre mártir por orde de Diocleciano, sendo decapitada o 11 de agosto do ano 295. A Igrexa lémbraa o mesmo día do seu finamento. Existen bastantes concomitancias con santa Susana de Braga.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susana de Roma |