Saltar ao contido

Susana Ruiz Cerutti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSusana Ruiz Cerutti

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xuño de 2024 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Minister of Foreign Affairs and Worship (en) Traducir
26 de maio de 1989 – 8 de xullo de 1989
← Dante Caputo (pt) TraducirDomingo Cavallo (pt) Traducir →
Ambassador of Argentina to Switzerland (en) Traducir
Ambassador of Argentina to Canada (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, xurista, diplomática Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnião Cívica Radical (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Susana Myrta Ruiz Cerutti, nada en Buenos Aires o 18 de novembro de 1940 e finada na mesma cidade o 20 de xuño de 2024,[1] foi unha avogada, diplomática e política arxentina, que ocupou o cargo de ministra de Relacións Exteriores, Comercio Internacional e Culto, durante a presidencia de Raúl Alfonsín, do 26 de maio ao 8 de xullo de 1989, converténdose na primeira muller na historia arxentina en alcanzar o cargo de chanceler, e a primeira muller en ocupar un cargo ministerial desde 1983.[2][3]

Dentro da chancelería arxentina tamén traballou como vicechanceler de 1987 até 1989, cando asume como chanceler en substitución de Dante Caputo, e posteriormente outros cargos naquel; na súa carreira diplomática, ademais, foi embaixadora arxentina en Suíza, Liechtenstein e o Canadá.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse como avogada na Universidade de Buenos Aires (UBA), exerceu a súa profesión até o seu ingreso no Instituto do Servizo Exterior da Nación. Licenciouse daquela institución en 1968 con medalla de ouro e diploma de honra.[2] Entre os anos 1972 e 1985 participou e conduciu varias das misións, que mediante a mediación papal, lograron resolver o conflito da canle de Beagle.[4] Foi representante permanente arxentina ante a Organización das Nacións Unidas (ONU) e na Organización de Estados Americanos (OEA) e representou á Arxentina noutras organizacións.[5]

Ademais, traballou como directora da delegación arxentina nas negociacións da disputa da lagoa do Deserto con Chile; polo seu traballo obtivo a Cruz Pro Eclesia et Pontifice e a Orde de San Gregorio Magno outorgada polo papa Xoán Paulo II.[4][6]

Despois de traballar como asesora xurídica da chancelería arxentina, foi nomeada Secretaria de Estado do Ministerio de Relacións Exteriores (vicechanceler) en 1987, cargo que abandonou en maio de 1989 cando asumiu a titularidade da chancelería, designada polo presidente Raúl Alfonsín, en substitución de Dante Caputo. Ocupou o cargo seis semanas, até a chegada á presidencia de Carlos Menem, quen nomeou a Domingo Cavallo como sucesor, o 9 de xullo daquel ano.[5]

Posteriormente volveu ocupar o cargo de Secretaria de Estado, ata que foi nomeada embaixadora arxentina en Suíza, e como tal fóronlle aceptadas as credenciais en Liechtenstein, en 1991. Ocupou o cargo até 1996. Máis tarde foi nomeada embaixadora no Canadá de 1998 a 1999. Entre 1999 e 2000 foi Representante Especial para Asuntos das Illas Malvinas e illas do Atlántico Sur co rango de embaixadora.[4][7]

En novembro do 2000, foi designada Secretaria de Relacións Exteriores, en substitución de Enrique Candioti, durante a presidencia de Fernando De la Rúa.[4]

Foi designada, en 2001, Conselleira Legal do Ministerio de Relacións Exteriores, cargo que ocupa na actualidade. Naquel cargo participou nas mediacións entre a Arxentina e o Uruguai no conflito polas pasteiras, entre 2006 e 2010; inclusive cando levou o problema á Corte Internacional de Xustiza na Haia.[8][9]

Gañou dúas veces o premio Konex: no 1998 e 2008, na categoría Diplomacia.[2]

En abril de 2012 foi designada como Membro Titular da Academia Nacional de Xeografía da Arxentina, disertando sobre o tema "La geografía en las controversias entre estados", nunha integración a esta disciplina á parte dos seus coñecementos en Dereito internacional.[10]

  1. "Profundo pesar el fallecimiento de la Embajadora Susana Myrta Ruiz Cerutti [Deep regret at the passing of Ambassador Susana Myrta Ruiz Cerutti]". Cancillería Argentina. Ministry of Foreign Affairs, International Trade and Worship of the Argentine Republic. 24 de xuño de 2024. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Biografía -Fundación Konex". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 24 de decembro de 2011. 
  3. "Con Miceli y Garré ya suman 10 las mujeres que han presidido algún ministerio desde 1983 - NuevaMayoria.com". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2010. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Un ascenso para la ex canciller Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Clarín, 10 de novembro de 2000.
  5. 5,0 5,1 La diplomacia, también con mirada femenina, Clarín, 4 de novembro de 2005.
  6. "Boundary dispute between Argentina and Chile concerning the frontier line between boundary post 62 and Mount Fitzroy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de decembro de 2010. Consultado o 24 de decembro de 2011. 
  7. "Implementación del Estatuto de Roma en la legislación interna argentina". Embaixada da Argentina nos Países Baixos.
  8. ARGENTINISCHES TAGEBLATT: „Falsch und empörend“. Harte Worte zwischen Uruguay und Argentinien in Den Haag 23 de decembro de 2006. (en alemán)
  9. Usines de pâte à papier sur le fleuve Uruguay (Argentine c. Uruguay) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en francés)
  10. "Academia Nacional de Geografía. Anales año 2012" (PDF). p. 53.