Saltar ao contido

Susana Muhamad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSusana Muhamad

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Ministra de Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Colombia
7 de agosto de 2022 
Concelleiro de Bogotá
1 de xaneiro de 2020 – 14 de xullo de 2022
Secretaría Distrital de Ambiente
2 de xullo de 2014 – 6 de xaneiro de 2016
Secretaría Distrital de Ambiente
27 de xuño de 2012 – 30 de xullo de 2013 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade dos Andes - ciencia política
Universidade de Stellenbosch - desenvolvemento sustentábel Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista medioambiental, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoColombia Humana Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023 Editar o valor en Wikidata

Twitter: susanamuhamad Instagram: susana.muhamad Editar o valor en Wikidata

María Susana Muhamad González, nada en Barranquilla o 21 de abril de 1977,[1] é unha politicóloga, ambientalista e política colombiana, membro do partido Colombia Humana. Foi ministra de Ambiente e Desenvolvemento Sostible, entre agosto de 2022 e febreiro de 2025, no goberno de Gustavo Petro.[2]

Foi a presidenta da Conferencia das Nacións Unidas sobre Biodiversidade de 2024.[3] Foi secretaria de ambiente e secretaria xeral de Bogotá durante a alcaldía de Gustavo Petro; e concelleira da cidade entre 2020 e 2022.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De ascendencia palestina por parte do seu avó,[5][6] Susana Muhamad é filla de Carlos Muhamad quen naceu en Santa Marta. Susana Muhamad naceu en Bogotá e viviu no barrio Cedritos, un barrio de clase media ao norte da cidade. Aos 8 anos de idade, o seu pai decidiu trasladar a familia a Barranquilla. Alí estudou nun colexio bilingüe e creceu en contacto coa comunidade árabe local. Permaneceu en Barranquilla até rematar o bacharelato, tras o cal regresou a Bogotá para continuar a súa educación.[5][1][7]

É profesional en Ciencia Política da Universidade dos Andes (2002) e cursou unha mestría en Xestión e Planeamento do Desenvolvemento Sostible na Universidade de Stellenbosch de Suráfrica (2007).[8]