Saltar ao contido

Susana Germade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSusana Germade
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Instagram: susanagermade Spotify: 78FlhXReQ5q4bnt96000VH Last fm: Susana+Germade Editar o valor en Wikidata

Susana Germade, nada o 6 de decembro de 1977, é unha cantante galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou tres anos de teoría musical e guitarra no Conservatorio da Coruña. Marchou a Chile aos 18 anos, estudou xornalismo así como técnica vocal e interpretación. Iniciou a súa carreira musical de forma profesional cantando en distintos locais de Santiago de Chile, e cantando fados nun restaurante portugués. En 1999 gravou un disco promocional con outros artistas mozos, o que lle permitiu participar nunha xira polo país.

Chegada á Península

[editar | editar a fonte]

Marchou a España en 2001 e estudou música moderna en Barcelona. Publicou o seu primeiro disco en 2004 titulado coma o seu nome Susana Germade, onde inclúe fados, boleros e cancións populares de autores tan diversos como Amália Rodrigues, Caetano Veloso, Joan Manuel Serrat, Maria Bethânia, Silvio Rodríguez, Chico Buarque, Carlos Cano, Chico César, Tom Jobim ou Violeta Parra, interpretadas en portugués, español e galego. En 2007 comezou a xira Todo isto é fado.[1]

  1. "Susana Germade". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-05-17. Consultado o 2023-04-29.