Susana Dans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Susana Dans López»)
Infotaula de personaSusana Dans

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0200507 Editar o valor em Wikidata

Susana Dans López, nada na Coruña en 1965, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñecida especialmente polo seu papel de Olimpia na serie da TVG Pratos combinados, á que se incorporou trala marcha de Mabel Rivera para cubrir o oco deixado pola actriz.

Á marxe deste traballo cabe destacar a súa traxectoria teatral, entre a que destacan as obras O ano da cometa, que lle valeu en 2005 o premio de teatro María Casares á mellor actriz secundaria que xa gañara previamente en 2002 coa montaxe Rosalía, ou Mulleres, coa que foi merecedora do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva en 2003. En 1987 participou na montaxe d' A pousadeira feita polo Centro Dramático Galego. En 2009 actuou n' As dunas, de Manuel Lourenzo.

En cine traballou nas longametraxes Divinas palabras (1987), de José Luis García Sánchez; Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal e Blanca Madison (1998) de Carlos Amil, así coma na curtametraxe Cabeza de boi (1996), de José Carlos Soler. Tamén traballou na televisión, presentando o programa da TVG Arroz con chícharos (1990-1991) e participando na serie Hospital Real (2015).

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2011 Mellor actriz Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde Gañadora