Susana Rodríguez Barcia
Susana Rodríguez Barcia en xuño de 2021 (2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1977 (46 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora , profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Vigo (2010–2022) |
Susana Rodríguez Barcia, nada en Vigo o 23 de outubro de 1977, é unha filóloga hispánica, tradutora e profesora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerce como profesora titular no departamento de Lingua Española da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.[1] Foi profesora axudante e bolseira de investigación dende 1998. Dende 1999 traballa en áreas como a análise do discurso, a historiografía lingüística ou a lexicografía, en particular na presenza de ideoloxía nos dicionarios monolingües en español. Así mesmo, tamén é especialista na construción discursiva de estereotipos.
Doutorouse en 2005 pola Universidade de Vigo cunha tese sobre a ideoloxía na historia da lexicografía española entre 1611 e 1899, dirixida por Miguel Ángel Esparza Torres.
Entre os anos 2005 e 2006 traballou no grupo de Terminoloxía Científico-Técnica de Galicia (Termigal), no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Entre outras obras, traduciu ao galego O escaravello de ouro de Edgar Allan Poe. É, ademais, directora da revista Hesperia. Anuario de Filología Hispánica, da Universidade de Vigo.
No eido da lexicografía, é coautora do Gran dicionario século 21 Galego/Castelán. Entre outras achegas, destaca a Introducción a la Lexicografía publicada en 2016 pola Editorial Síntesis.
Obra
[editar | editar a fonte]- La Realidad Relativa. Evolución ideológica en el trabajo lexicográfico de la Real Academia Española (1726-2006) (2008). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-368-7.
- Introducción a la lexicografía (2016). Madrid: Síntesis. ISBN 978-84-9077-384-0
- Poética del Rock. Imaginario lírico de la cultura popular (2023). Con Bosco Gil de Gárate Hernández. Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. 743 páxs. ISBN 9788481589603.[2]
Galardóns
[editar | editar a fonte]- En 2005 obtivo o Premio extraordinario de Doutoramento.
- En 2007 gañou o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra (categoría Provincia de Pontevedra)[3] polo estudo realizado xunto con Rubén Suárez Sousa Después de la movida. La música pop y rock en Pontevedra entre 1990 y 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rodríguez Barcia, Susana". Facultade de Filoloxía e Tradución (en castelán). Consultado o 2023-06-05.
- ↑ "Secretaría Online Universidade de Vigo". secretariauvigo. Consultado o 2023-06-05.
- ↑ "depontevedra.es - Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra". arquivos.depo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-01.