Susan Brown (actriz inglesa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Susan Brown
Nacemento6 de maio de 1946
LugarBristol
NacionalidadeReino Unido
Profesiónactriz, actriz de cinema e actriz de teatro
editar datos en Wikidata ]

Susan Brown, ou Susan Elizabeth Brown, nada o 6 de maio de 1946, en Bristol (Gran Bretaña),[1][2] é unha actriz de teatro e televisión. É coñecida, sobre todo, polo seu papel como Septa Mordane na serie de HBO, Game of Thrones.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no Rose Bruford College antes de comenza-la súa carreira profesional. Participou en producións teatrais como The Wild Duck (Donmar Warehouse), Henry IV Partes 1 e 2 , Playing with Fire , Cardiff East[3] e The Hour We Knew Nothing of Each (Teatro Nacional),[4] Easter , Romeo e Xulieta, Ricardo III e Bad Weather (RSC), Road,[2] Shirley, Downfall, Gibraltar Straight and Seagulls (Royal Court), Butterfly Kiss (Almeida), The House of Bernarda Alba e The Chairs (Gate Theatre), You Be Ted y I'll Be Sylvia (Hampstead), Playing Sinatra (Croydon Warehouse y Greenwich Theatre ), The Beaux Stratagem, Back to Methuselah, The Vortex, The Way of the World e A Woman of No Importance (Cambridge Theatre Company), Twelfth Night (English Touring Theatre), Small Change,[5][6] Ifigenia (Sheffield Crisol) e Angels in America.

Brown interpretou, en outubro de 1993, a "Mrs Dimmock", unha viúva que se que se atopa un canón no episodio The Peking Gun da serie Lovejoy. Mais para o público internacional, Brown é máis coñecida polo seu papel de Septa Mordane na primeira tempada da serie Game of Thrones. O seu personaxe foi asasinado nos episodios finais da primeira tempada. Tamén tivo un papel secundario, como a coidadora de Margaret Thatcher, June, en The Iron Lady, e apareceu en pequenos papeis na serie dramática da BBC, Call the Midwife e tamén en Torchwood .

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión

Ano Título Papel Observacións
1976 Barney Miller Psychiatrist
1988 Andy Capp Ruby
1991 Prime Suspect Linda
1993 The Riff-Raff Element Susan Belcher
1995 A Touch of Frost Stella Boxley
1998 Taggart Jan Dickson
2004 Dalziel and Pascoe ACC Alex Lawrence
2009 Torchwood Bridget Spears Series Three – Children of Earth
2011 Game of Thrones Septa Mordane
2013 Broadchurch Liz Roper
2013 Call the Midwife Mrs Peacock

Películas[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Observacións
1987 Esperanza e gloria[7] Mrs. Evans
2008 Brideshead Revisited[8] a enfermeira
2012 The Iron Lady June
2012 Now Is Good Shirley
2013 Belle Baronne Vernon

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Observacións
2015 Husbands & Sons Mrs. Gascoigne Coprodución entre o Royal National Theatre, London and Royal Exchange, Manchester
2017 Angels in America Ethel Rosenberg, Hannah Pitt, Henry, Rabbi Chemelwitz, Aleksii Royal National Theatre

Audios[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Observacións
2007 Doutor Who: 100 Midwife/Mary
2008 Doctor Who: Return of the Krotons Eleanor Harvey
2010 Doctor Who: The Prison in Space Chairman Babs
2010 Doctor Who: Castle of Fear Maud the Withered
2010 Doctor Who: The Eternal Summer Alice Withers
2010 Doctor Who: Plague of the Daleks Mrs Withers/Mrs Sowerby/Computer Voice

Videoxogos[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel
2014 LittleBigPlanet 3 Nana Pud
2015 Everybody's Gone to the Rapture Wendy Boyles
2014-16 Dreamfall Chapters Queenie / The Mole / Lady Alvane

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Susan Brown". imdb.com. Consultado o 12-11-2018. 
  2. 2,0 2,1 "Susan Brown". corrie.net. Consultado o 19-11-2018. 
  3. "Cardiff East by Peter Gill". Arquivado en Waybach Machine (05-08-2011). Consultado o 19-11-2018. 
  4. "Susan Brown". Arquivado en Waybach Machine (07-02-2012). Consultado o 19-11-2018. 
  5. Highfield, John (10-05-2002). "Makes a change from the Street". Arquivado en Waybah Machine (05-03-2012). Consultado o 19-11-2018. 
  6. "Small Change by Peter Gill". Arquivado en Waybach Machine (05-03-2012). 23-05-2002. Consultado o 19-11-2018. 
  7. Maslin, Janet (09-10-1987). "Film Festival; Boorman's 'Hope And Glory'". nytimes.com. Consultado o 19-11-2018. 
  8. "Brideshead Revisited". imdb.com. Consultado o 19-11-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]