Susan Boyle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Susan Boyle
Susan Boyle.jpg
Susan Boyle en 2013
Nome completoSusan Magdalane Boyle
Nacemento1 de abril de 1961 (61 anos)
OrixeBlackburn, West Lothian, Escocia Escocia
OcupaciónCantante
XéneroMúsica pop
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozMezzosoprano
Selo(s) discográfico(s)Sony Music, Syco, Columbia Records
Relacionado conElaine Paige, Geraldine McQueen, Emeli Sandé
Tempo en activo2009 - presente
Na rede
http://www.susanboylemusic.com/es/
IMDB: nm3409164 TV.com: people/susan-boyle
Facebook: susanboyle Twitter: SusanBoyle Instagram: susanboylemusic MySpace: susanboylehq Youtube: UCDwM1WXb_9Bw7FSrm_DVCFA Spotify: 1qAuetfG6mhtDgsVIffWQc iTunes: 337320501 Last fm: Susan+Boyle Musicbrainz: eefcf168-6b1b-46ec-9b75-f8a01161abb5 Songkick: 2785886 Discogs: 1634095 Allmusic: mn0002124302 Deezer: 318521 Genius: Susan-boyle Editar o valor em Wikidata

Susan Magdalane Boyle, nada en Blackburn (West Lothian) o 1 de abril de 1961, é unha cantante escocesa que acadou unha gran fama internacional cando apareceu como concursante no programa de televisión da ITV Britain's Got Talent o 11 de abril de 2009. Cantou "I Dreamed a Dream" do musical Les Misérables, mais non gañou o concurso e ficou segunda detrás do grupo de baile Diversity.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de cantar na audición, tanto os xuíces como o público demostraban desconfianza pola súa aparencia desleixada e comportamento inseguro. En resposta, despois dunha sorprendente actuación, foi ovacionada polo auditorio e polos xuíces, que aplaudiron de pé. O contraste da súa actuación coa primeira impresión que deu, xerou unha enorme repercusión global. Apareceu nos xornais de todo o mundo e bateu récords de reproducións en vídeos de Internet.

Aínda que non gañou o programa, asinou un contrato co selo discográfico Sony Music, e o 23 de novembro de 2009 saíu o seu primeiro álbum musical, I Dreamed a Dream. Converteuse no álbum de debut máis vendido da historia do Reino Unido, superando o récord de Leona Lewis co seu disco Spirit,[1] e tamén estebeleceu o récord de vendas dun álbum debut na súa primeira semana, segundo a Official Charts Company.[1] No seu primeiro ano de fama, Boyle gañou 5 millóns de libras co lanzamento de I Dreamed a Dream e os sinxelos "I Dreamed a Dream" e "Wild Horses".[2] O éxito continuou no seu segundo traballo, The Gift (2010), que acadou os primeiros postos das listas de vendas do Reino Unido e tamén dos Estados Unidos de América en dúas ocasións no mesmo ano. O seu terceiro álbum saíu o ano seguinte, Someone to Watch Over Me (2011).[3][4] Tamén sacou os álbums Standing Ovation: The Greatest Songs from the Stage (2012),[5] Home for Christmas (2013),[6] Hope (2014), A Wonderful World (2016) e Ten (2019).[7]

O 12 de maio de 2012, Boyle volveu ao programa Britain's Got Talent como convidada para interpretar "You'll See" na gran final.[8] Ao día seguinte, interpretou a canción "Mull of Kintyre" no castelo de Windsor.[9]

Boyle é coñecida por dar o seu apoio a varias causas benéficas e participou nos eventos BBC Children in Need e Comic Relief. En 2013, Boyle vendera arredor de 19 millóns de copias en todo o mundo e foi candidata a dous Premios Grammy.[10] Boyle ten publicados oito álbums, entre os que se inclúen dous de Nadal, Home For Christmas e A Wonderful World. En 2019 celebrou dez anos como artista coa publicación dun álbum recompilatorio titulado Ten e unha xira.

En 2021 estimábase que Boyle vendeu arredor de 19 millóns de discos.[11]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums musicais[editar | editar a fonte]

  1. Wild Horses
  2. I Dreamed a Dream
  3. Cry Me a River
  4. How Great Thou Art
  5. You'll See
  6. Daydream Believer
  7. Up to The Mountain
  8. Amazing Grace
  9. Who I Was Born to Be
  10. Proud
  11. The End of the World
  12. Silent Night
  1. Perfect Day
  2. Hallelujah
  3. Do You Hear What I Hear?
  4. Don't Dream It's Over
  5. The First Noel
  6. Holy Night
  7. Away In A Manger
  8. Make Me A Channel Of...
  9. Auld Lang Syne
  10. O Come All Ye Faithful

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Susan Boyle beats Leona Lewis, Arctic Monkeys to 'biggest first week sales for UK debut album' title | News". NME. Reino Unido. 29 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2009. Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  2. "Singer Boyle made £5m in first year of her fame". The Scotsman (Edimburgo). 23 de agosto de 2011. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  3. "Susan Boyle album is transatlantic No. 1". BBC News. 18 November 2010. Arquivado dende o orixinal o 4 December 2010. Consultado o 20 June 2018. . The others are the Beatles and Monkees.
  4. "'Someone To Watch Over Me' Will Be Released November 1". digtriad.com. 3 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  5. "Susan Boyle Announces Tracks for Upcoming Album Standing Ovation". Playbill. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  6. "Susan Boyle Announces Special Christmas Chorus Competition". Broadway World. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  7. "Susan Boyle announces new album 'Hope'". Pressparty. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  8. "Britain's Got Talent Final: Susan Boyle Returns To The Stage Where It All Began". Huffington Post. 13 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2017. Consultado o 15 de maio de 2012. 
  9. "Celebrity Interview – Susan Boyle". Country Images Magazine (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2022. 
  10. Munro, Alistair. "Susan Boyle's first live tour nears sell-out". The Scotsman. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  11. "Susan Boyle 12 years on – incredible weight loss, home and hidden disability". 19 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]