Surabaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Surabaya é unha importante cidade de Indonesia situada na costa leste da illa de Xava, á beira do río Mas preto da súa foz no estreito de Madura. Capital da provincia de Xava Oriental e principal porto do país xunto ao da capital, Iacarta, conta cunha poboación de 2.765.908 habitantes (censo 2010) con xa máis de sete millóns na área metropolitana (Area Urbana de Planeamento Económico Gerbangkertosusila) nunha das zonas máis densamente poboadas do planeta.

De existencia acreditada dende o século XIII, nas seguintes tres centurias foi o centro dun sultanato política e militarmente dominante na rexión. En 1743 caeu no poder colonial da Compañía Holandesa das Indias Orientais converténdose na súa maior base naval e unha gran praza comercial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]