Suppiluliumas II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSuppiluliumas II

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIII a. C. Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XII a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEhli-Nikkal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiTudhaliyas IV Editar o valor em Wikidata
IrmánsArnuwandas III Editar o valor em Wikidata
Relevo de Suppiluliumas II, rei dos Hititas, en Hattusa, Turquía

Suppiluliumas II (Subililiama) (rei hitita sobre -1200-1190) fillo de Tudhaliyas IV. Levaba os títulos de Labarnas, Sol meu, Gran rei, Rei de Hatti e Heroe. O seu nome (tal e como aparece nunha carta) en realidade era diferente ao de Suppiluliumas I (Subililiama) pero convencionalmente é citado como Suppiluliumas II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alashiya sublevouse e o rei fixo unha campaña; libráronse tres batallas navais e algunhas máis en terra firme. O rei debeu de gañar a guerra pois ergueu un monumento e instalou un gobernante vasalo.

Unha epidemia de fame superouse grazas ao envío de gran desde Exipto.

Suppiluliumas fixo campaña contra Tarhuntasa segundo unha inscrición. Pero non se sabe a causa da campaña, existindo tres teorías: unha revolta do rei de Tarhuntasa (Kurunta ou un fillo de Kurunta); os primeiros ataques dos pobos do mar; ou rebeldes internos.

Crese que reconquistou Isuwa aos asirios e que o reino se volveu de novo vasalo, pero en todo caso o dominio foi breve.

Os ataques dos Pobos do mar iniciáronse despois do -1200 no oeste das terras hititas. O gran rei pediu a axuda de Ugarit e doutros vasalos (a única fonte é de Ugarit):

"O inimigo avanza contra nós, e son moi numerosos... todo canto poidas dispoñer, envíanolo".

Ugarit enviou tropas e barcos deixando o seu propio territorio indefenso; pouco despois Ugarit foi atacado por piratas. O rei de Ugarit escribe ao rei de Alashiya:

"Os barcos do inimigo están aquí, queiman as miñas cidades e pasan cousas diabólicas ao país; como vós sabedes todas as miñas tropas e carros están no país dos hititas e os barcos están en Lukka así que o país está abandonado á súa sorte; os sete barcos inimigos que viñeron de Alashiya fixeron moito dano; se vós vedes algún barco máis do inimigo, facédemo saber".

Unha carta enviada ao rei desde o interior di:

"As cousas fortes tremen e as frouxas están destruídas; o noso alimento nas eiras foi saqueado ou queimado e as viñas destruídas; a cidade está destruída como vostede sabe" .

Algúns súbditos do rei que se pararon en Alashiya cos seus barcos rendéronse ou tiveron que se render ao inimigo.

Polo que se sabe, os barcos hititas e dos seus aliados serían derrotados. O rei estableceu a liña de defensa coas tropas terrestres en Lawasanda. O xeneral de Ugarit, Sipti Baqal informaba ao seu rei do desastre:

"a vosa servente foi á posición fortificada de Lawasanda co gran rei, e agora o rei hase retirar e fuxiu, sacrificouse".

Noutra carta un tal Ewir-Sarruma informa á nai do rei de Ugarit que este fuxira da capital e que a situación empeorara; o inimigo estaba en Mukis, ao norte de Ugarit e as terras das montañas Amanus foran destruídas polo inimigo. E engade:

"Pero aínda que os inimigos me presionen eu non marcharei deixando á miña muller e os fillos fronte ao inimigo".

Cronoloxicamente nunha última carta o rei escribe á súa nai que lle enviase unha mensaxe tanto se os hititas organizan a batalla coma se non o fan.

Despois as cartas acábanse. Conserváronse nun almacén porque a xente da cidade fuxiu e as casas serían saqueadas e algunhas queimadas, pero os almacens de cartas non eran de interese para os saqueadores. A cidade nunca máis foi habitada nin polos antigos habitantes nin polos invasores, e as cartas conserváronse.

A data da caída do Imperio non se pode establecer sen dúbida. Non foi antes do -1185. Unha taboíña de Emar dataría a destrución desta cidade o -1178 e Hattusa foi destruída ao mesmo tempo, pero Hattusa (e a súa rexión) seguramente foi destruída polos kaskas e non polos pobos do mar. Hattusa quedou despoboada ata que moito despois foi repoboada polos frixios. Atopáronse indicios de pobos de mar como pobos establecidos en Tarso e Mersin.

O título de gran rei foi conseguido por Kunzi-Tesub de Karkemish (cinco xeracións despois do seu tataravó Suppiluliumas I)

Hititas

Segue a:
Arnuwandas III
Suppiluliumas II
Precede a:
-
-