Superparamagnetismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O superparamagnetismo é un fenómeno polo que os materiais magnéticos poden exhibir un comportamento similar ao paramagnetismo aínda por baixo das temperaturas de Curie ou da temperatura de Neel.

A súa orixe débese a partículas mesoscópicas, con interaccións ferromagnéticas ou bastante intensas no seu interior como para lograr un ordenamento magnético por baixo de certa temperatura crítica, pero con interaccións moi débiles entre elas, co que o ordenamento magnético non pode estenderse a todo o sistema. Así, compórtanse como paramagnetos de momento magnético moi grande. A semellanza dos ferromagnetos, poden exhibir ciclos de histéreses magnéticas ou sinal ac na susceptibilidade, pero só por riba de certa frecuencia crítica a partir da que o momento magnético inducido non é capaz de seguir a dirección do campo aplicado.