Super FX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chip GSU-2 nun cartucho de Yoshi's Island.

Super FX é un chip[1] coprocesador[2] que foi incluído na Unidade de Soporte Gráficos (GSU) en cartuchos específicos da consola, da marca xaponesa Nintendo, Super Nintendo Entertainment System (SNES). Deseñado de forma personalizable para actuar coma un chip acelerador de gráficos que debuxa polígonos a un framebuffer na memoria RAM que se monta xunto a este procesador RISC, facilitando a creación de gráficos avanzados en 2D e 3D.

Historia[editar | editar a fonte]

Nado como MARIO (Matemathical Argonaut Rotation & In Out), durante o seu desenvolvemento por Argonaut Games e a colaboración de Nintendo, o chip SuperFX permitiu demostrar as novas capacidades de renderización de polígonos no mundo dos videoxogos a través do shooter con scroll lateral espacial 3D Star Fox, como resposta de Nintendo aos avances que SEGA e a súa SEGA Mega-Drive estaba a conseguir co seu add-on Mega-CD, e xustificar que non eran necesario adquirir unha nova máquina que se acoplase á xa comprada. Nun inicio, Argonaut Games tiña a intención de usar este chip na NES (Nintendo Entertainment System). Desenvolverían anos atrás un prototipo dun shooter espacial chamado Starglider e presentaríano con éxito a Nintendo en 1990. A empresa xaponesa sorprendida polo traballo de Jez San e o seu equipo, suxeriu que esta idea sería desenvolta para unha nova máquina de xogos que estaban creando, a SNES (Super Famicom), a cal rivalizaría con SEGA e as súas consolas. Foi así como no mesmo ano 1990, Argonaut Games conseguiu facer o port de Starglider en aproximadamente menos dunha semana. Debido ao alto custe de producir este chip, a lista de xogos que fixeron uso del é reducida, isto provocou que o seu prezo fose elevado en comparación cos cartuchos que non fan uso deste coprocesador.

Descrición[editar | editar a fonte]

Este procesador RISC creado especificamente a medida, está programado para actuar coma un Chip Acelerador de Gráficos que debuxa polígonos nun búfer de cadros na RAM ligado a el. Todos estes datos que encontranse almaceados no búfer transfírense periodicamente á memoria de vídeo principal dentro da consola usando DMA (Direct Memory Access) para que sexa mostrado na interface visual do sistema. No caso de Star Fox, utiliza o escalado de bitmaps para os láseres, asteroides e demais obstáculos, porén obxectos como as naves foron renderizados mediante polígonos. En Super Mario World 2: Yoshi’s Island usou este chip para crear efectos gráficos avanzados a maiores da renderización de gráficos, como o escalado e estiramento de sprites, que permitían a ocupación case total na pantalla dos xefes finais, e múltiples capas de paralaxe en primeiro plano e de fondo para unha sensación maior de profundidade. A primeira versión do chip sincronízabase cun sinal de 21 MHz, pero un divisor da velocidade do reloxo interno o dividía á metade (a 10,5 MHz). Máis tarde, unha revisión do chip permitiu chegar aos 21 MHz, grazas a esta evolución naceu o Super FX GSU-2. Todas as versións do Super FX son funcionais en termos do seu conxunto de instrucións. As diferenzas xorden na forma da súa embalaxe, os pins de saída e a velocidade de reloxo interna. Dado isto, na creación do GSU-2, máis pins externos estaban dispoñibles e asignados para direccionamiento. Como resultado, unha maior cantidade de memoria ROM ou RAM externa podía ser accedida. Os cartuchos que inclúen o chip Super FX teñen contactos adicionais na parte inferior que se conectan ás rañuras no porto de cartuchos que, noutros casos, non teñen uso. Isto provocou que estes cartuchos quedaran sen uso en versións de adaptadores que viñeran antes do Super FX, incluídas as versións trampa de Game Genie.

Xogos que usaron o chip Super FX[editar | editar a fonte]

Xogos que usaron o chip Super FX2[editar | editar a fonte]

Xogos cancelados / Non lanzados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chip.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para procesador.