Museo do hóckey sobre xeo finlandés
Coordenadas: 61°30′11″N 23°45′37″L / 61.50306, -23.76028
Museo do hóckey sobre xeo finlandés Suomen Jääkiekkomuseo | |
---|---|
![]() Suomen Jääkiekkoleijonat, o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés. | |
Coordenadas | 61°30′11″N 23°45′37″L / 61.50306, -23.76028 |
País | ![]() |
Cidade | Tampere |
Tipo | Museo especial |
Inauguración | 1979 (no Tampereen jäähalli) 2000 (no Museokeskus Vapriikki) |
Sitio Web | jaakiekkomuseo.fi |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo do hóckey sobre xeo finlandés) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as súas portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 trasladouse ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.[1]
A colección do museo inclúe 300 000 fotografías, 30 000 obxectos e unha colección de 700 camisolas.[2] Entre os obxectos da colección encóntrase a Kanada-malja (Copa Canadá) orixinal,[a][3] ou a Copa do Mundo conquistada pola selección masculina de Finlandia en 1995. No museo tamén se atopa o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés, denominado Suomen Jääkiekkoleijonat (en galego "leóns do hóckey sobre xeo finlandés").[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ "Museum Centre" (en inglés). vapriikki.fi. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "KOKOELMAT" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "NÄYTTELY" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "JÄÄKIEKKOLEIJONAT" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web do museo (en finés)
- Sitio web do complexo Vapriikki (en finés) (en inglés) (en ruso)