Saltar ao contido

Sumicio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sumicio é un personaxe da mitoloxía galega, tamén presente en Asturias,[1] do tipo dos trasnos pero que parece ser invisible e impalpable. O sumicio é un xenio doméstico e dedícase a facer travesuras de pouca importancia, tal como agochar as cousas que a xente utiliza e no momento no que as necesita. Para que as devolva ó seu sitio cómpre rezar unha oración a Santo Antón.

Un personaxe similar descríbese tamén en Francia ou Italia.

  1. Onde se di que pode consumir persoas e propiedades, polo que se di, nestes casos: Entróuye el sumicio (Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández (1932): Vocabulario del bable de occidente [no Dicionario de Dicionarios]).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]