Sulfatase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sulfatase
1p49 opm.png
Esteroide sulfatase
Identificadores
Símbolo Sulfatase
Pfam PF00884
InterPro IPR000917
PROSITE PDOC00117
SCOP 1auk
SUPERFAMILY 1auk
OPM superfamily 24
OPM protein 1p49

As sulfatases EC 3.1.6.- son un tipo de encimas da clase das esterases que catalizan a hidrólise de ésteres sulfato, quitando grupos sulfato dos seus substratos. Estes encimas poden actuar sobre unha gran variedade de substratos, entre os que están esteroides, carbohidratos e proteínas. Os ésteres sulfato poden formarse tamén a partir de varios alcohois e aminas. Neste último caso os N-sulfatos resultantes poden denominarse sulfamatos.

As sulfatases exercen importantes funcións no ciclo do xofre no medio ambiente, na degradación de glicosaminoglicanos sulfatados e glicolípidos no lisosoma, e na remodelación de glicosaminoglicanos sulfatados no espazo extracelular. Xunto coas sulfotransferases, as sulfatases forman a principal maquinaria catalítica para a síntese e degradación de ésteres sulfato.

Distribución e importancia[editar | editar a fonte]

Atópanse sulfatases desde bacterias a organismos superiores. Nos eucariotas superiores encóntranse nos espazos intra e extracelulares. A esteroide sulfatase exprésase en moitos tecidos do corpo, o que permite que os esteroides sintetizados nas glándulas adrenais e gónadas sexan desulfatados trala súa distribución polo sistema circulatorio. Un gran número de sulfatases están localizadas nos lisosomas, un orgánulo dixestivo ácido da célula. As sulfatases lisosómicas clivan diversos carbohidratos sulfatados, como os glicosaminoglicanos sulfatados e os glicolípidos. Poden orixinarse defectos xenéticos que afectan á actividade das sulfatases debido a mutacións en sulfatases individuais e isto ten como resultado certos trastornos de almacenamento lisosómico cun espectro de fenotipos que comprende diversos defectos no desenvolvemento físico e intelectual.

Estrutura tridimensional[editar | editar a fonte]

As seguintes sulfatases están relacionadas estruturalmente baseándose na súa homoloxía de secuencias:[1][2][3]

Proteínas humanas que conteñen este dominio[editar | editar a fonte]

ARSA; ARSB; ARSD; ARSE; ARSF; ARSG; ARSH; ARSI; ARSJ; ARSK; GALNS; GNS; IDS; PIGG; SGSH; STS; SULF1; SULF2;

Notas[editar | editar a fonte]

  1. von Figura K, Vingron M, Schmidt B, Meyer HE, Peters C, Rommerskirch W, Rupp K, Pohlmann R, Zuhlsdorf M (1990). "Phylogenetic conservation of arylsulfatases. cDNA cloning and expression of human arylsulfatase B". J. Biol. Chem. 265 (6): 3374–3381. PMID 2303452. 
  2. Wilson PJ, Morris CP, Anson DS, Occhiodoro T, Bielicki J, Clements PR, Hopwood JJ (1990). "Hunter syndrome: isolation of an iduronate-2-sulfatase cDNA clone and analysis of patient DNA". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 87 (21): 8531–8535. PMC 54990. PMID 2122463. doi:10.1073/pnas.87.21.8531. 
  3. Grossman AR, de Hostos EL, Schilling J (1989). "Structure and expression of the gene encoding the periplasmic arylsulfatase of Chlamydomonas reinhardtii". Mol. Gen. Genet. 218 (2): 229–239. PMID 2476654. doi:10.1007/BF00331273. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Este artigo incorpora texto en dominio público procedente de Pfam e InterPro IPR000917.