Suicide Squad (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Suicide Squad
Sebevražedný oddíl v kině Imax.jpg
Ficha técnica
Título orixinal Suicide Squad
Director David Ayer
Produtor Charles Roven
Richard Suckle
Guión David Ayer
Baseado en Personaxes de DC Comics
Intérpretes Will Smith
Jared Leto
Margot Robbie
Joel Kinnaman
Viola Davis
Jai Courtney
Jay Hernandez
Adewale Akinnuoye-Agbaje
Ike Barinholtz
Scott Eastwood
Cara Delevingne
Música Steven Price
Fotografía Roman Vasyanov
Montaxe John Gilroy
Estudio DC Entertainment
RatPac-Dune Entertainment
Atlas Entertainment
Distribuidora Warner Bros. Pictures
Estrea 1 de agosto de 2016
Duración 123 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Acción
Orzamento $175 000 000[1]
Recadación $743 400 000[2]

Suicide Squad é un filme estadounidense de superheroes[3] baseado no equipo de antiheroes de DC Comics Suicide Squad. É o terceiro filme do universo DC Extended Universe. O filme foi escrito e dirixido por David Ayer e está protagonizado por Will Smith, Jared Leto, Margot Robbie, Joel Kinnaman, Viola Davis, Jai Courtney, Jay Hernandez, Adewale Akinnuoye-Agbaje, Ike Barinholtz, Scott Eastwood e Cara Delevingne. En Suicide Squad, unha axencia secreta do goberno liderada por Amanda Waller recruta a super villanos encarcelados para levar a cabo misións e salvar o mundo dunha grande ameaza, en troques de reducir as súas condenas. O desenvolvemento do filme comezou no 2009, por Warner Bros. Pictures. Ayer asinou para escribir e dirixir en setembro de 2014, e en outubro, comezou o proceso de casting. A fotografía principal comezou o 13 de abril de 2015, en Toronto, Ontario, con rodaxes adicionais en Chicago, Illinois, e rematou en agosto dese mesmo ano.

Suicide Squad estreouse en Nova York o 1 de agosto de 2016 e foi estreado nos Estados Unidos o 5 de agosto de 2016, en 2D, 3D e IMAX 3D. Despois dun gran comezou que estabeleceu novos récords de recadación, o filme conseguiu máis de $743 millóns en todo o mundo; converténdose no oitavo filme con máis recadación de 2016. Recibiu críticas negativas, que consideraron a trama confusa, a dirección axitada e as personaxes mal escritas. Malia isto, a interpretación de Margot Robbie foi eloxiada.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Ben Affleck e Ezra Miller recuperan os seus papeis de Batman v Superman: Dawn of Justice como Bruce Wayne / Batman e Barry Allen / Flash, respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rottenberg, Josh (1 de agosto de 2016). Los Angeles Times, ed. "The pressures behind 'Suicide Squad,' the DC Comics movie that Warner Bros. needs to work, and work big". Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "Suicide Squad (2016)". Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  3. Jane Anders, Charlie (9 de agosto de 2016). Wired, ed. "Suicide Squad Is the Future of Superhero Movies—Except For One Thing". Consultado o 13 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]