Saltar ao contido

Sugababes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sugababes
Imaxe
 Instancia de
Características
 Influído por
 Discografía
Implicados
Datas
 Fundación / creación
1998 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1998 Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
2011 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF62145970333032252617 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000107212127 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02vbmw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm1626260 Metacritic: person/sugababes TV.com: people/sugababes
Facebook: OfficialSugababes Twitter: Sugababes Instagram: sugababes MySpace: sugababesofficial Youtube: UCVKPQq3huqEdMZNcFexwSgQ Souncloud: sugababes Spotify: 7rZNSLWMjTbwdLNskFbzFf Apple Music: 5414192 Last fm: Sugababes Musicbrainz: dfa715ac-b536-44df-af43-570d3ea3edec Songkick: 49281 Discogs: 21994 Allmusic: mn0000922398 Deezer: 544 Genius: Sugababes Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Sugababes é un grupo musical británico de R&B, Pop e Dance. As compoñentes son Keisha Buchanan, Heidi Range e Amelle Berrabah.

Formación do grupo

[editar | editar a fonte]

Keisha Buchanan (30 de setembro 1984), Mutya Buena (21 de maio 1985) e Siobhan Donaghy coñecéronse nunha festa cando tiñan 13 anos. A familia de Keisha era de Xamaica, a nai de Mutya de Irlanda e o pai de Filipinas. Decidiron formar o grupo en 1998. London Records fíxolles un contrato cando tiñan 14 anos.

Siobhan abandonou o grupo cando estaba de xira polo Xapón en 2001. No seu lugar entrou Heidi Range. Mutya Buena abandonou o grupo en novembro de 2005 e no seu lugar entrou Amelle Berrabah, de ascendencia marroquina.

One Touch

[editar | editar a fonte]

O primeiro single, "Overload", chegou á sexta posición da lista inglesa de sinxelos e foi nomeada a un premio Brit, os Grammy ingleses. Outras cancións que entraron no top 40 do Reino Unido foron "New Year", "Run for Cover" e "Soul Sound". Este primeiro álbum vendeu 200.000 copias en todo o mundo e o single "Overload" 138.000.

Angels With Dirty Faces

[editar | editar a fonte]

Con Heidi Range no grupo, Sugababes edita novo traballo. O primeiro single, "Freak Like Me", chega ao número 1 da lista británica e ao top 10 de numerosas listas europeas, destacando o número 2 en Irlanda. O segundo single, "Round Round" é o seu segundo número 1 no Reino Unido e é número 2 en Irlanda, Países Baixos e Nova Zelandia. Grazas a estes dous números 1, o álbum debuta no número 2 da lista de álbums do Reino Unido e é un grande éxito en toda Europa. A canción que dá nome ao álbum, "Angels With Dirty Faces" é a banda sonora da película das Supernenas.

Na gala dos premios Brit gañan o premio á Mellor Actuación Feminina e o disco vende 2 millóns de copias en todo o mundo.

O terceiro álbum do grupo segue conseguindo éxitos e o seu primeiro single, "Hole In The Head" entra ao número 1 no Reino Unido e en Dinamarca. É número 2 en Irlanda, Holanda e Noruega. Esta canción sería a primeira das Sugababes en entrar na lista Billboard de EUA. Entra ao 96 do Hot 200 e consegue o número 1 no Billboard Dance Chart.

O segundo single, "Too Lost In You" (BSO de Love Actually) entra no top 10 do Reino Unido, Alemaña, Holanda e Noruega e triunfou en Taiwán, China e Filipinas. Esta canción é unha versión de "Quand J'ai Peur de Tout" da francesa Patricia Kaas. "In the Middle", terceiro single, entra no top 10 inglés e é top 20 en Irlanda. "Caught In A Moment" é unha balada que entra ao número 8 no Reino Unido. O disco vende en total 2,5 millones de copias.

En marzo de 2005 Mutya dá a luz á súa filla Tahlia.

Taller In More Ways

[editar | editar a fonte]

O cuarto disco é o primeiro en entrar no número 1 da lista de álbums do Reino Unido. O primeiro single, "Push The Button" é número 1 no Reino Unido, Irlanda, Austria e Nova Zelandia. Número 2 en Alemaña, número 3 en Noruega, Australia e Suíza e top 10 en Italia, Grecia, Bulgaria, Holanda e Suecia. Vendeu preto de 3.700.000 copias en todo o mundo chegando ao 6º posto na clasificación mundial de sinxelos. Foi nomeado ao Mellor Single Inglés nos premios Brit, pero o premio levouno Coldplay con Speed Of Sound.

En novembro de 2005 Mutya Buena deixa o grupo e no seu lugar entra Amelle Berrabah. Pese a iso elas afirman que seguen sendo amigas.

O segundo single, "Ugly", é número 3 no Reino Unido. O seguinte single, "Red Dress" é cantado por Amelle e é número 4 no Reino Unido. Na re-edición do disco con Amelle, hai cancións como "Gotta Be You", "Follow Me Home" e "Red Dress", que son cantadas por Amelle, Heidi e Keisha pero as restantes son cantadas por Mutya no canto de Amelle, agás a inédita "Now You're Gone". A finais de 2006 reciben un Premio Guiness dos Récords á mellor actuación do século.

O novo single, "Follow me Home" entrou ao posto 32 no Reino Unido e ao 25 en Irlanda.

Overloaded: the Singles Collection

[editar | editar a fonte]

Este é un compilatorio dos seus éxitos máis destacados, aínda que non incluirá os temas "New Year", "Soul Sound", "Caught in a Moment" e "Follow me Home". O novo single incluído neste disco é a canción "Easy", e outro tema inédito incluído nesta compilación é "Good To Be Gone", que sera o seguinte single. As cancións novas, "Easy" e "Good to be Gone", inclúen xa a voz da nova compoñente, Ammelle Berrabah.

Change é o seu quinto álbum de estudio, publicado en outubro do 2007 no Reino Unido, e que ten single #1 nas listas Británicas "About you Now". O disco acadou o n.º 1 en Reino Unido, e tivo un éxito moderado no resto de mundo. O segundo single é "Change", unha balada que competiu polo #1 de Nadal do Reino Unido, e chegou ao posto #13. O terceiro single é "Denial" e editouse o 17 de marzo de 2008.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Data Título UK Chart Vendas no Reino Unido Vendas mundiais
Outubro 2000One Touch#26200,0000.8 millóns
Agosto 2002Angels with Dirty Faces#2915,0001.6 millóns
Outubro 2003Three#3830,0001.5 millóns
Outubro 2005Taller In More Ways#1860,0001.7 millóns
Novembro 2006Overloaded: The singles collection#3520,0000.6 millóns
Novembro 2007Change#1+400,000+500.000
  • Change segue nas listas
Data Título UK Chart Vendas no Reino Unido
De One Touch:
Setembro 2000"Overload"#6138,000
Decembro 2000"New Year"#1275,000
Abril 2001"Run For Cover"#1358,000
Xullo 2001"Soul Sound"#3010,000
De Angels With Dirty Faces:
Maio 2002"Freak Like Me"#1235,000
Agosto 2002"Round Round"#1225,000
Novembro 2002"Stronger / Angels with Dirty Faces"#7115,000
Marzo 2003"Shape"#1140,000
De Three:
Outubro 2003"Hole In The Head"#1145,000
Decembro 2003"Too Lost In You"#1075,000
Abril 2004"In The Middle"#844,000
Setembro 2004"Caught In A Moment"#832,000
De Taller In More Ways:
Setembro 2005"Push The Button"#1358,000
Decembro 2005"Ugly"#3115,000
Marzo 2006"Red Dress"#485,000
Xuño 2006"Follow Me Home"#3215.000
De Overloaded:
Novembro 2006"Easy"#844,000
Single caritativo
Febreiro 2007"Walk This Way" con Girls Aloud#1110,000
De Change:
Outubro 2007"About You Now"#1+400,000
Decembro 2007"Change"#13+80,000