Sudán (rexión)
| Tipo | rexión xeográfica | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| Continente | África | |||
| Características | ||||
| Atravesa | Sudán do Sur, Sudán, Etiopía, Djibuti, Eritrea, Chad, República Centroafricana, Camerún, Nixeria, Níxer, Malí, Burkina Faso, Ghana, Togo, Costa do Marfil, Senegal e Gambia | |||
Sudán é unha rexión xeográfica ao sur do deserto do Sáhara, que se estende desde África occidental até África oriental.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome provén da frase árabe arḍ as-sūdān (أَرْض السودان) e bilād as-sūdān (بلاد السودان), que en galego significan ambas "a zona dos negros".
Hoxe o termo é usado para referirse ao Estado-nación do Sudán, pero só inclúe a rexión occidental deste país, e ao estado escindido deste, Sudán do Sur.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]-
Sabana occidental do Sudán
-
Sabana oriental do Sudán
O Sudán é unha rexión que ten 5000 quilómetros de longo e centos de quilómetros de ancho. Atravesa África por completo: comezando no Senegal, incluíndo o sur de Malí, Burkina Faso, Níxer polo sur e Nixeria polo norte, chegando a Chad polo sur e Darfur polo oeste.
No norte da rexión atópase o Sahel, que limita co Sáhara e as terras altas de Etiopía (o Macizo etíope, chamado al-Ḥabašah en árabe). No suroeste atópase a sabana occidental de Sudán, que é unha sabana tropical. No centro está o lago Chad. Ao leste ten a sabana sudanesa oriental, que é unha sabana tropical que limita co Sudd, a fonte do Nilo Branco.
Demografía
[editar | editar a fonte]A rexión constitúe un límite étnico e lingüístico entre as etnias semitas no norte e as etnias da África subsahariana no sur. Ten un total de preto de 60 millóns de habitantes, divididos en máis de 200 grupos étnicos. A economía baséase na gandería, tamén se cultiva sorgo e arroz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EJ Brill. (1959) International Association for the History of Religions Leiden: Numen, (en inglés) "West Africa may be taken as the country stretching from Senegal in the west, to the Cameroons in the east; sometimes it has been called the central and western Sudan, the ''Bilad as-Sūdan'', 'Land of the Blacks', of the Arabs"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sudán |