Substancia (filosofía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A substancia, contemplada dende a filosofía ou a metafísica, é a realidade permanente que serve de substrato ós atributos que cambian. É pois o que queda por baixo das aparencias, sen cambio, e que se opón ós accidentes variables, isto é, as calidades continxentes. O termo vén do latín substare, manterse debaixo; de substantia, o que está debaixo, o soporte.

Primeiro sentido[editar | editar a fonte]

A substancia está concibida como existente per se, pois, do contrario, sería un atributo doutro ser e substancia só nun sentido relativo.

O anterior descobre a cuestión de saber cales son os seres que están sen o apoio doutro, que son entón substancia en sentido íntimo e absoluto. Só Deus é esta substancia independente, segundo Descartes e Spinoza, por pór dous exemplos.

O home como substancia[editar | editar a fonte]

Do anteriormente dito dedúcense os diversos xeitos de concibir o home :

  • substancia en relación coa natureza, pero non en comparación con Deus;
  • non substancia, senón un modo da substancia divina ou da natureza.

No primeiro caso, o home pode ser tido por ser libre, un "imperio" aínda que subsista coa axuda divina; en desquite, no segundo caso, o home en tanto que modificación dunha substancia total está determinado polas leis daquel (ben un deus inmanente ou a natureza).

Substancias e coñecemento[editar | editar a fonte]

A natureza preséntanos de ordinario formas identificables: unha folla, unha tea de araña. Pero tamén se atopan elementos menos familiares: resina, cinza, arxila, así como as diversas materias que produce o corpo. Privadas de forma propia, estas materias escápansenos materialmente, así como dun certo xeito, tamén conceptualmente. Trátase de substancias.

Consideremos por exemplo un ovo. Se se nos cae das mans, estala, perde a súa cohesión natural. Dun futuro volátil, pasamos a estar en presenza de dúas substancias inesperadas, diferentes entre si e que se interpenetran sen mesturarse, rodeando os fragmentos da casca. En que se transformou a futura ave?

Cientificamente, fálase entón de substancia nun contexto de ignorancia.

O primeiro papel do químico ou do físico é facer retroceder a ignorancia procendendo á identificación e caracterización de toda substancia de calquera orixe. Os seus métodos e útiles permítenlle facelo ou contornar os límites dos sentidos e da experiencia común: procede a unha análise. Despois, os seus coñecementos permitiránlle proceder á síntese, incluso de substancias non naturais, ás que nomeará como produtos artificiais ou de síntese.

Por iso a Química xeralmente recorre ó termo substancia cando ningunha outra característica pode designar de xeito útil ou definir o corpo en cuestión.

Se a análise, a identificación, é frutífera, o químico recorre a un termo representativo do coñecemento da materia: "isto" é ferro, "isto" é un metal, un cristal, un polímero... Mais, se a análise revela unha mestura, é remiso a asignarlle o termo 'substancia': o radio é un elemento radioactivo, pero un mineral de radio é unha substancia, ou aínda o leite é unha substancia alimentaria de orixe animal etc. O ovo aparécelle así como constituído por dous corpos - un orgánico e un mineral - (a albumina da clara e a casca calcárea e dunha substancia complexa (a xema) que se lle asigna á bioquímica para a súa clasificación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]