Subida a Carballo de 1986

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
III Subida a Carballo
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónCarballo
OrganizadorMotor Bergantiños e Escudería La Coruña
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia "Camba"
AnteriorSubida a Carballo de 1985
SeguinteSubida a Carballo de 1987

A Subida a Carballo de 1986 foi a terceira edición de dita carreira de montaña. Foi organizada pola Escudería Motor Bergantiños e a Escudería La Coruña e foi puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña. O vencedor foi Al­berto González Camba sobre un Selex 2000.[1]

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de dúas mangas sobre un percorrido de 3,5 km entre o lugar de Nétoma e a parroquia de Oza, en Carballo. Foi presenciado por uns 10.000 espectadores.

Clasificación[editar | editar a fonte]

# Piloto Automóbil Tempo
1 Galicia Al­berto González "Camba" Selex 2000 1'39:50
2 Galicia Manuel Cavada Selex 2000 1'41:01
3 Galicia José Luis Santos Martini 2000 1'46:90
4 Galicia Vila Renault 5 GT 1'49:65
5 Galicia José Luis Vilanova Porsche 911 SC 1'49:85
6 Pardo Fernández Selex 2000 1'52:88
7 Galicia Manuel Senra Renault 5 GT 1'53:73
8 Galicia José Caamaño Renault 5 GT 1'54:87
9 Galicia José Antonio "O Largo" Seat 124 2000 1'55:99
10 Galicia Juan García Collazo Talbot Samba Rallye 2'02:26

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El pontevedrés González Camba venció en la «III Subida a Carballo»". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de outubro de 1986.