Subdivisións de Tonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Tonga

Aínda que xeograficamente está composta por 169 illas (36 delas deshabitadas) o Reino de Tonga divídese politicamente en tres grupos de illas:

Existe un cuarto arquipélago setentrional moi afastado, e administrado directamente desde Nukuʻalofa, capital da illa de Amsterdam:

Ademais, tamén dependen do reino de Tonga os arrecifes de Minerva, que xeograficamente están nas illas Fidxi. Son dous aneis coralinos que só son visíbeis coa marea baixa.

A maior parte das illas son coralinas, mais hai algunhas de orixe volcánica. Lateiki (Mete Shoal) e Fonuafo'ou son dous volcáns mergullados que, desde o século XIX, teñen emerxido en varias ocasións.

A capital do país é Nukuʻalofa, residencia habitual do rei Taufa'ahau Tupou IV.