Saltar ao contido

Subdivisións de Fiji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A República de Fiji está organizada administrativamente en catro divisións, que se corresponden cos puntos cardinais, e que á súa vez están subdivididas en 14 provincias.

Características

[editar | editar a fonte]

Cada división ten un comisario, posto polo goberno de Fiji. As divisións son basicamente agrupamentos de provincias e posúen poucas funcións administrativas. Cada provincia posúe unha Cámara Provincial que poden, dentro das súas provincias, crear leis e impostos, suxeitos á aprobación do goberno de Fiji. O goberno tamén é responsábel do nomear o cargo Roko Tui, xefe executivo da Cámara Provincial.

A illa de Rotuma, norte do arquipélago principal, aínda que está incluída na División Oeste para fins estatísticos (censo, por exemplo), porén, administrativamente, posúe autonomía interna coa súa propia cámara e poderes para lexislar sobre a maioría dos asuntos locais.

Divisións e provincias

[editar | editar a fonte]
División administrativas das illas de Fiji
División
(capital)
ProvinciaPresidente da Cámara (2005)Área
(km²)
Poboación
(1996)
Central
(Suva)
NaitasiriRatu Solomoni Boserau1.666126.641
NamosiRatu Kiniviliame Taukeinikoro5705.742
RewaPita Tagi Cakiverata272101.547
SeruaAtunaisa Lacabuka83015.461
TailevuJosefa Seruilagilagi75548.216
Norte
(Labasa)
BuaRatu Filimoni Ralogaivau1.37914.988
CakaudroveSitiveni Rabuka2.81644.821
MacuataRatu Aisea Katonivere2.00480.207
Leste
(Levuka)
KadavuRatu Josateki Nawalowalo4789.535
LauRatu Josefa Basulu48712.211
LomaivitiRatu Jo Lewanavanua41116.214
Oeste
(Lautoka)
BaRatu Ovini Bokini2.634192.197
Nadroga-NavosaRatu Sakiusa Makutu2.38554.083
RaSimione Naikarua1.34130.904
Rotuma (dependencia)Injimo Managreve462.810