Stotra
Aparencia
Stotra | |
---|---|
![]() Ilustración do stotra manuscrito Vishnu sahasranama c. 1690 | |
Orixe | India |
[ editar datos en Wikidata ] |
Stotra ou Stotram, en sánscrito स्तोत्र , é unha palabra que significa "oda, eloxio ou himno de eloxio". É un xénero literario de textos indios deseñados para seren cantados melodicamente, en contraste cos shastras que están compostos para ser recitados. [1] [2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Un stotra pode ser unha oración, unha descrición ou unha conversa, pero sempre cunha estrutura poética. Pode ser un poema sinxelo que exprese eloxios e devoción persoal a unha divindade, por exemplo, ou poemas con doutrinas espirituais e filosóficas incorporadas. Moitos himnos stotra loan aspectos do divino, como Devi, Shiva ou Vishnu.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Relativo á palabra stuti, procedente do mesmo verbo, stu (encomiar) e basicamente ambos significan "loar".[3]
Notas
- ↑ "MW Basic". www.sanskrit-lexicon.uni-koeln.de. Consultado o 2024-07-17.
- ↑ Apte 1965, p. 1005.
- ↑ Nancy Ann Nayar (1992). Poetry as Theology: The Śrīvaiṣṇava Stotra in the Age of Rāmānuja. pp. ix–xi. ISBN 978-3447032551.
![]() |
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |