Stola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nesta estatua de mármore Livia Drusilla leva posta a stola

Na Roma antiga, a stola era un traxe longo que vestían as mulleres por riba da túnica.

A stola era unha peza de tea longa que tiña unha abertura no centro para a cabeza e se suxeitaba nos costados con broches. Nos baixos levaba unha orla decorada chamada instita. Cinxíase baixo o peito cun cíngulo que facía que se formasen pregues amplos chamados rugae e levábase por riba dunha túnica. A stola tiña mangas longas, aínda que ás veces as mangas formaban parte da túnica. Acompañábase moitas veces dunha palla. A stola foi substituída pola túnica dalmática a partir do século IV.

Esta peza era o equivalente feminino da toga. As prostitutas, en cambio, vestían toga.