Steven Shane McDonald
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de maio de 1967 Hawthorne, Estados Unidos de América |
| Educación | Hawthorne High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | músico |
| Período de actividade | 1978 |
| Xénero artístico | Rock alternativo |
| Instrumento | Baixo e guitarra |
Steven Shane McDonald, nado en Hawthorne (California) o 24 de maio de 1967, é un músico de rock estadounidense coñecido por ser o baixista da banda de rock alternativo/power pop dos Ánxeles Redd Kross.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos fundadores do grupo de hardcore punk OFF!, do que foi membro de 2009 a 2021, e é baixista dos Melvins dende 2015. McDonald apareceu en numerosos proxectos cinematográficos co seu irmán maior Jeff McDonald, como a película de 1984 Desperate Teenage Lovedolls e a súa secuela Lovedolls Superstar; e o filme de 1990 Spirit of '76.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Interviews: Keith Morris (OFF!, Black Flag, Circle Jerks)". www.punknews.org (en inglés). 2010-05-31. Consultado o 2024-12-31.