Saltar ao contido

Steven Roach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSteven Roach
(Steve Roach)
Nome orixinalSteven Robert Roach.
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1980.
País de nacionalidade Estadounidense.
EducaciónUniversidade de Míchigan.
Universidade Estatal de Ohio.
Actividade
OcupaciónNumismático, editor.
EmpregadorRevista Coin World.
Membro de
Premios
1997: Numismático Xuvenil Destacado (ANA).
1997: Premio Bill Fivaz (CONECA).
1999: Premio Bill Fivaz (CONECA).
2016: Adna G. Wilde Jr. Memorial (ANA).
2016: Glenn Smedley Memorial (ANA).
2024: Premio ao Mérito (ANA).

Steven Robert Roach, tamén coñecido como Steve Roach, nado o 20 de marzo de 1980, é un editor numismático estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Steve Roach cursou os seus estudos superiores na Universidade de Míchigan, onde se graduou en Historia da Arte e Estudos Organizativos,[1] e posteriormente acadou o seu doutoramento en Dereito pola Universidade Estatal de Ohio, en 2006.[2] É membro da Sociedade Internacional de Taxadores.[3]

Traballou para as casas de poxas Christies, Spink-America e Heritage Auctions Galleries,[4] e foi director de márketing de Numismatic Guarantee Corporation.[2][5]

Roach tamén exerceu como avogado e dirixiu unha consultoría especializada en belas artes europeas e americanas, e moedas raras.[1]

O labor máis salientable de Roach céntrase no campo editorial no ámbito da numismática. Na revista temática Coin World ingresou en 2006 como redactor da columna «Inside Collecting»; a partir do 19 de xaneiro de 2009 actuou como editor asociado desta publicación, en 2012 foi ascendido a editor e en 2015 a editor xeral.[2][3]

No período 2016-2017, Steven Roach foi membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos.[1][2][6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 "Two New Members Appointed to Citizens Coinage Advisory Committee". United States Mint (Usmint.gov). 29 de febreiro de 2016.
  2. 1 2 3 4 Smith, P. (2025).
  3. 1 2 "Steve Roach. Editor-at-Large". CoinWorld.com
  4. "Steven Roach Joins Heritage Auction Galleries!". Heritage Auctions (Coins.ha.com). 19 de setembro de 2006.
  5. "Steve Roach Joins the Certified Collectibles Group". Numismatic Guaranty Company (NGCcoin.com). 9 de outubro de 2008
  6. "Citizens Coinage Advisory Committee Welcomes Two New Members". 23 de marzo de 2016. Donaldscarinci.com
  7. 1 2 3 4 "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  8. "Literary Awards and Recognitions": Conecaonline.org
  9. "Literary Awards and Recognitions": Conecaonline.org
  10. "Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN).
  11. Harper, D. (2016). "Ambassador Awards given at FUN". En Numismatic News. 8 de xaneiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]