Steven Hoefflin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Steven M. Hoefflin é un cirurxián plástico coñecido por facer as operacións estéticas de famosos como Michael Jackson, Joan Rivers e Elizabeth Taylor. Hoefflin publicou artigos en libros e revistas de medicina e exerce a profesión en Santa Monica (California) dende a década de 1980.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Centro Médico UCLA.

En 1972, Hoefflin gradouse como o primeiro da súa clase no UCLA Medical School. Continuou a súa carreira en cirurxía xeral e completou o programa de adestramento como residente no Centro Médico UCLA.[1]

Hoefflinc converteuse en Profesor Clínico de Asistencia do Centro Médico UCLA en 1979. En 1989, foi promovido a Profesor Clínico asociado, no cal serviu ata 2003.

Hoefflin serviu como Xefe de Cirurxía Plástica no Hospital UCLA de Santa Monica dende 1982 ata 1989.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]