Steven Hawley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steven Hawley
Datos persoais
Nacemento12 de decembro de 1951
LugarOttawa
CónxuxeSally Ride
Actividade
MisiónsSTS-41-D, STS-61-C, STS-31, STS-82 e STS-93
Tempo no espazo32,11 días
PremiosSalón da Fama dos Astronautas dos Estados Unidos e Medalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Steven Alan Hawley, nado en Ottawa, Kansas, o 12 de decembro de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-D, STS-61-C, STS-31 e STS-82.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hawley graduouse en física e astronomía pola Universidade de Kansas en 1973 e ten un doutoramento en astronomía e astrofísica pola Universidade de California en 1977.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978. Participou nas misións STS-41-D, STS-61-C, STS-31 e STS-82 e pasou un total de 32,11 días no espazo. Deixou a axencia en maio de 2008.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Hawley, Steven Alan" (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2008). "STEVEN A. HAWLEY (PH.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]