Stephanie Okereke
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Stephanie Okereke Linus 2 de outubro de 1982 Estado de Imo, Nixeria |
| Educación | Escola de Cinema de Nova York University of Calabar (en) |
| Cor dos ollos | Castaño |
| Cor do pelo | Cabelo negro |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Artes teatrais |
| Ocupación | actriz, modelo, directora de cinema, guionista |
| Período de actividade | 1997 |
| Sitio web | stephanieokereke.net |
Stephanie Onyekachi Okereke, nada en 1982 en Ngor-Okpala, Estado de Imo é unha actriz, directora de cinema e modelo nixeriana. Ó longo da súa traxectoria recibiu numerosos recoñecementos e premios polo seu traballo como actriz.
Biografía
[editar | editar a fonte]Stephanie Okereke naceu no Estado de Imo, en Nixeria. Ela é a sexta de oito irmáns. Completou a súa escola primaria e secundaria en "Delta State" antes de ir á Universidade de Calabar, onde se graduou cunha licenciatura en Inglés e Literatura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xa durante a súa adolescencia, en 1997, protagonizou dous filmes de Nollywood, Compromise 2 e Waterloo. No 2002 acadou o segundo posto nun concurso de beleza en Nixeria. Un ano máis tarde, en 2003, recibiu dous premios como Mellor Actriz do ano 2003 e como Mellor Actriz en Inglés. Tras graduarse na "New York Film Academy" en 2007, Okereke lanzou o filme Through the Glass no que participou como directora, guionista, produtora e actriz. O filme recibiu un "African Movie Academy Award" por Mellor Guión en 2009. Okereke xa actuou en máis de 90 filmes.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Okereke estivo casada cun ex xogador de fútbol americano en agosto de 2004. O casamento foi disolto oficialmente en xaneiro de 2007. En abril de 2005, no seu camiño para a "African Movie Academy Awards", realizada en Yenagoa, Estado de Bayelsa, en Nixeria, Okereke estivo implicada nun grave accidente de coche que a deixou con queimaduras por todo o corpo e unha perna rota. Axiña se recuperou do accidente e volveu a actuar.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1997 | Compromise 2 | ||
| Waterloo | |||
| 2002 | Pretender | con Patience Ozokwor e Tony Umez | |
| Blind Justice | con Tony Umez | ||
| 2003 | Aristos | ||
| Emotional Crack | con Ramsey Nouah, Dakore Egbuson e Patience Ozokwor | ||
| Genesis of Love | |||
| Private Sin | con Genevieve Nnaji, Richard Mofe Damijo e Patience Ozokwor | ||
| Queen Sheba | |||
| The Cross of Love | con Patience Ozokwor | ||
| Together as One | |||
| 2004 | Beautiful Faces | con Ini Edo | |
| Critical Decision | con Genevieve Nnaji, Richard Mofe Damijo e Mike Ezuruonye | ||
| Deep Loss | con Desmond Elliot | ||
| Diamond Lady: The Business Woman | |||
| Dream Lover | Benita | ||
| Eye of the Gods | con Ini Edo | ||
| In the Name of Love | con Desmond Elliot | ||
| Last Girl Standing | |||
| Magic Moment | Stephine Okereke | con Desmond Elliot | |
| Mama-G in America | con Patience Ozokwor | ||
| Miss Nigeria | |||
| More Than a Woman | |||
| My Mother My Marriage | |||
| Official Romance | con Zack Orji | ||
| Promise & Fail | con Desmond Elliot | ||
| Promise Me Forever | con Genevieve Nnaji | ||
| Right Man for Me | con Tony Umez | ||
| Sensational Spy | |||
| Strength of a Woman | |||
| To Love Again | |||
| Virgins Night Out | |||
| Working Class Lady | con Rita Dominic | ||
| 2005 | A Time to Die | ||
| Days of Bondage | Lucia | ||
| Guys on the Line | con Rita Dominic | ||
| Lonely Hearts | con Ini Edo | ||
| Ola... the Morning Sun | con Pete Edochie | ||
| Omalinze | Adaugo | con Onyeka Onwenu | |
| Price of Ignorance | con Pete Edochie | ||
| Princess of Wealth | |||
| Royal Battle | |||
| Street Fame | |||
| Windfall | |||
| Woman on Top | |||
| 2006 | Behind the Plot | con Desmond Elliot | |
| Daytime Lovers | Binta | con Tony Umez | |
| Efficacy | con Desmond Elliot | ||
| Shut In | |||
| Sitanda | dirixida por Izu Ojukwu, este filme recibiu nove nomeamentos e gañou 5 premios no 3rd African Movie Academy Awards en 2007, incluíndo Mellor Fotografía e Mellor Filme de Nixeria.[1] | ||
| The Law Students | |||
| The Preacher | |||
| Upside Down | con Patience Ozokwor e Tony Umez | ||
| 2007 | A Time to Love | Hope | con Desmond Elliot |
| Governor's Wife | con Ramsey Nouah | ||
| 2008 | Mission to Nowhere | ||
| Hidden Treasure | Nadine | con Ramsey Nouah, Nadia Buari e Olu Jacobs | |
| Through the Glass | Ada | con Garrett McKechnie, Christy Williams e Pascal Atuma | |
| 2009 | Nnenda | este filme, dirixido por Izu Ojukwu, recibiu tres nomeamentos no African Movie Academy Awards no 2010, incluíndo o nomeamento ó Heart of Africa[2] |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2002: Muller máis fermosa de Nixeria, Segundo posto
- 2003: What a Year Award á Mellor Actriz
- 2003: Reel Award á Mellor Actriz - Inglés e Mellor Actriz do ano
- 2004: Afro-Dublin Award á Mellor Actriz Secundaria
- 2004: Film Makers of Nigeria, Premio á Excelencia
- 2005: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada
- 2006: Afro Hollywood Award á Mellor Actriz
- 2009: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada
- 2010: African Movie Academy Award, Mellor Actriz en Papel Principal - nomeada
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "AMAA 2007: List of Nominees and Winners". African Movie Academy Awards. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 17 October 2010.
- ↑ "The 2010 African Movie Academy Awards: Winners, Re-Cap, Dresses". New York, NY, USA: MTV Networks a division of Viacom International Inc. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2010. Consultado o 17 October 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Páxina oficial Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)