Stephanie Kwolek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Stephanie Kwolek
Stephanie Kwolek 1986.TIF
Nacemento31 de xullo de 1923
 New Kensington
Falecemento18 de xuño de 2014
 Wilmington
NacionalidadeEstados Unidos de América e Polonia
Alma máterMargaret Morrison Carnegie College e Universidade Carnegie Mellon
Ocupaciónquímica e inventora
PremiosMedalha Howard N. Potts, Medalha Perkin, Medalha Nacional de Tecnologia e Inovação, Prêmio Lemelson–MIT, National Women’s Hall of Fame, Hall of Fame of Delaware Women, National Inventors Hall of Fame, Medalha Lavoisier, Prêmio Químico Pioneiro, IRI Achievement Award e Women in Technology Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Stephanie Louise Kwolek, nada en New Kensington o 31 de xullo de 1923 e finada o 18 de xuño de 2014[1], foi unha química polaco-estadounidense, inventora do p-fenilenodiamina con cloreto de tereftaloila, máis coñecida como Kevlar, unha fibra de alta resistencia mecánica, de cor dourada, que pode atinxir máis de cinco veces a resistencia do aceiro. O Kevlar é empregado na fabricación de chalecos balísticos e equipamento de seguranza.[2][3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Kwolek naceu no suburbio de Pittsburgh en New Kensington, Pensilvania en 1923[4]. O seu pai, John Kwolek, morreu cando ela tiña dez anos de idade. Kwolek atribúe o seu interese pola ciencia a seu pai e pola moda a súa nai, Nellie Zajdel Kwolek.

En 1946 obtivo o grao de Química no Margaret Morrison Carnegie College da Universidade Carnegie Mellon[5]. Kwolek tiña o plan de ser médica e pensou que podería conseguilo despois de obter o diñeiro suficiente a partir dun traballo temporal no campo da química para poder se matricular na escola de medicina.

Carreira na DuPont[editar | editar a fonte]

En 1946, Hale Charch, futuro mentor de Stephanie, ofreceulle un emprego na DuPont, en Buffalo, Nova York. Hale díxolle que retornaría en dúas semanas, mais cando Stephanie lle dixo que xa tiña unha resposta doutro emprego, contratouna inmediatamente. O principal motivo para a súa rápida contratación na época foi pola ida para a Segunda Guerra Mundial de gran parte dos homes da DuPont e doutras partes do país. Stephanie só mantivo o seu emprego despois da guerra pola súa extensa pescuda na área de polímeros.

Inicialmente, Stephanie non pretendía ficar moito tempo na DuPont, mais ela atopou o traballo interesante e preferiu continuar no lugar de tentar carreira na medicina. Despois de nove anos na empresa, ela creou o Kevlar. En 1959 gañou o primeiro de moitos premios, pola súa publicación na American Chemical Society (ACS). O artigo demostraba unha maneira de se producir nailon nun vaso de precipitados en temperatura ambiente, que aínda é a base para moitos experimentos escolares.

Kevlar[editar | editar a fonte]

O Kevlar é a súa maior invención. En 1964, anticipando a escaseza de gasolina, o seu grupo comezou a procurar unha fibra leve e forte para ser usada en pneumáticos. Os polímeros cos cales estaba traballando naquel momento, poli-p-fenileno tereftalato e polibenzamida, formaban un cristal líquido en solución que precisaba ser derretido a 200 °C (392 °F<), producindo fibras máis finas e menos ríxidas.

Como ela mesma explicou nun discurso en 1993:

A solución tiña unha incomún baixa viscosidade, era turbia, cun aspecto opalescente e leitoso. As solucións de polímero convencionais son normalmente claras ou translúcidas e teñen a viscosidade da melaza, mais ou menos. A solución que preparei para uma dispersión, mais totalmente filtrábel por un fino filtro poroso. Era un líquido de solución cristalina, mais eu non sabía diso na época.

Ese tipo de solución, normalmente, era desbotada, mais Stephanie persuadiu o seu técnico, Charles Smullen, a pasar a substancia por un spinneret (especie de fieira) para examinar a solución. Ela ficou marabillada de descubrir que a nova fibra non se quebraba, como normalmente o nailon faría. Non só era máis forte que o nailon como tamén era cinco veces máis forte que o aceiro. O director do laboratorio pronto entendeu o significado do descubrimento e a área de química de polímeros pronto se consolidou. En 1971, o Kevlar foi introducido no mercado. As fibras de Kevlar, segundo experimentos de Stephanie, ficaban aínda máis fortes despois de quecidas.

O Kevlar é hoxe usado en máis de 200 distintos tipos de produtos, como botas de bombeiros, luvas de cozinha, revestimento de coches blindados, tenis, raquetas, esquís, barcos, avións, cordas, cabos, pneumáticos e chalecos á proba de balas. Tamén é utilizado como revestimento de protección en abrigos antibombas e locais protexidos de furacáns ou tornados. Até mesmo teléfonos móbiles posúen Kevlar.

Xubilación e morte[editar | editar a fonte]

En 1986, Stephanie Kwolek apousentouse como pescudadora da DuPont. Foi consultora da empresa, do National Research Council e da National Academy of Sciences. En máis de 40 anos de pescuda tivo entre 17 e 28 patentes.

Estivo bastante implicada en programas de innovación na ciencia con crianzas e adolescentes, especialmente meniñas, creando varios experimentos escolares na área de química aínda en uso nas escolas dos Estados Unidos. Stephanie morreu aos 90 anos, o 14 de xuño de 2014.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kevlar inventor Stephanie Kwolek dies at 90 (en inglés)
  2. "Women in Chemistry – Stephanie Kwolek". Chemical Heritage Foundation. Consultado o 13 de xuño de 2013. 
  3. Wholly Aromatic Carbocyclic Polycarbonamide Fiber Original Kevlar patent awarded in 1974 to Stephanie Kwolek
  4. "Stephanie Kwolek". Soylent Communications. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 24 de maio de 2009. 
  5. "Inventing Modern America: Insight — Stephanie Kwolek:". Lemelson-MIT program. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 24 de maio de 2009.