Stella Cunliffe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStella Cunliffe
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Surrey, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xaneiro de 2012 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
86ª President of the Royal Statistical Society (en) Traducir
1975 – 1977
← Henry Daniels (en) TraducirHenry Wynn (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónLondon School of Economics
Parsons Mead School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstatística Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , estatístico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGuinness Brewery (en) Traducir
Ministério do Interior (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Stella Vivian Cunliffe, nada o 12 de xaneiro de 1917 e finada o 20 de xaneiro de 2012, foi unha estatística británica[1] e a primeira muller que presidiu a Royal Statistical Society (en galego, Real Sociedade Estatística).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación e carreira temperá[editar | editar a fonte]

Cunliffe, foi educada na Parsons Mead School, Ashtead, Surrey, e foi directora de estudos en 1934. Converteuse na primeira estudante en pasar á universidade, á London School of Economics, onde obtivo un BSc (Econ) graduándose en 1938.[3]

Empezou a súa carreira profesional na Danish Bacon Company dende 1939 a 1944. Durante a Segunda guerra mundial, cando o touciño chegou a estar racionado en 1940, participou na asignación de racións de touciño para Londres.[3]

Guía Servizo Internacional[editar | editar a fonte]

Campo de concentración de Belsen: escena dentro da estación de limpeza, alcumada como "Lavandería humana". A fotografía mostra algunhas das 60 táboas, formadas por dous médicos alemáns e dúas enfermeiras alemás, nas que os enfermos foron lavados e desposados (abril de 1945).

Ao final da segunda guerra mundial, Cunliffe interrompeu a súa carreira para realizar traballos de axuda voluntaria en Europa, de 1945 a 1947, co Servizo Internacional de Guías. O servizo formouse a partir de voluntarias das ex-Girl Guide especialmente adestradas para axudar na rehabilitación de Europa despois da guerra. Cunliffe foi unha das primeiras civís en entrar no campo de concentración de Belsen en 1945, onde as persoas voluntarias supervisaron o chamado "lavadoiro humano", o despoxo dos reclusos.[4]

Carreira estatística[editar | editar a fonte]

En 1947 Cunliffe retomou a súa carreira profesional aceptando un posto de estatística na cervexaría de Dublín Arthur Guinness Son & Co., onde traballou ata 1970. En 1955 asumiu o papel de xefa do departamento de estatística.[3] Neste papel, desenvolveu importantes principios de métodos experimentais que se ensinan ata os nosos días. O exemplo máis famoso é que ela redeseñou as instrucións para os traballadores de control de calidade que tiñan a tarefa de aceptar ou rexeitar barrís de cervexa feitos a man.[5] Antes do redeseño de Cunliffe, os traballadores aceptaban barrís rodándoos cara a abaixo e rexeitaban os barrís empurrándoos cara a arriba, a tarefa máis difícil; así, os traballadores tiñan tendencia a aceptar barrís aínda que tivesen fallos. Cunliffe redeseñou a estación de traballo de control de calidade para que fose igualmente fácil rexeitar ou aceptar un barril, eliminando o nesgo previo e aforrando cartos a Guinness no proceso. A pesar do seu bo traballo na empresa, foi informada que, debido á política de nomear só homes para o Consello de Administración, non sería nomeada directora a pesar da súa longa traxectoria e traballo experimental.[6]

En 1970 converteuse en xefa da unidade de investigación do Home Office, antes de que en 1972 fose nomeada directora de estatística do Home Office, cargo que ocupou ata 1977. Foi a primeira muller en acadar este grao no Servizo de Estatística do Goberno británico. Durante a súa estancia no Ministerio do Interior, expandiu o persoal de soporte e estatísticas do departamento e creou un equipo informático dedicado.[3] Recoñeceu problemas con cifras migratorias, despois de que se descubrise un erro no que se excedera o número de pasaxeiros que saían do país. Como resultado, creou unha investigación dirixida por Claus Moser, o xefe da Oficina Central de Estatística naquel momento.[3] Foi visitante de prisións e promoveu o uso da estatísticas na política de xustiza penal. Presentou ao ministro do Interior, Roy Jenkins, comparacións internacionais para demostrar que a pena capital non tivo ningún efecto nas taxas de asasinato.[3][7]

Despois da xubilación forzosa da Función Pública, aos 60 anos, foi asesora estatística do Comité de investigación sobre a profesión de enxeñaría de 1978 a 1980. Tamén foi consultora na Universidade de Kent na Unidade de Investigación de Estatística Aplicada.[3][8]

Foi nomeada primeira muller en presidir a Royal Statistical Society de 1975 a 1977.[2] Cunliffe afirmou no seu discurso presidencial que esperaba ter sido elixida "[...] principalmente por ser estatística non por ser muller".[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Cunliffe foi nomeada MBE en 1993, por servizos aos Guías e á comunidade en Surrey.[10]

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Outras actividades de Cunliffe incluían o traballo con organizacións xuvenís, xardinería e coidado posterior á prisión. Serviu como concelleira do distrito de Mole Valley entre 1981 e 1999, presidiu o Consello de Saúde da Comunidade local e exerceu de presidenta dos gobernadores da Parsons Mead School.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (26 de xaneiro de 2012). "Tributes to 'amazing' Stella Cunliffe". thisissurreytoday.co.uk (en inglés). Archived from the original on 13 de setembro de 2012. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Past presidents". rss.org.uk (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Phillpotts, Greg (1 outubro 2012). "Obituary: Stella Vivian Cunliffe MBE, January 12th, 1917–January 19th, 2012". Journal of Royal Statistic Society. Series A (en inglés) 175 (4): 1057–1059. doi:10.1111/j.1467-985X.2012.01068.x. 
  4. Davies, Serena (14 de agosto de 2009). "100 years of the Girl Guides: interview". telegraph.co.uk (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2021. 
  5. Nolan, Susan A. (2016-01-01). Statistics for the behavioral sciences (en inglés). Nova York: Worth Publishers. ISBN 978-1319014223. OCLC 956339986. 
  6. "Beer and statistics". Significance (en inglés) 3 (3): 126–129. 2006. ISSN 1740-9713. doi:10.1111/j.1740-9713.2006.00184.x. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2022. Consultado o 04 de maio de 2021. 
  7. Leatherhead Advertiser (26 de xaneiro de 2012). "Tributes to 'amazing' Stella Cunliffe". dorkingandleatherheadadvertiser.co.uk (en inglés). Archived from the original on 24 de maio de 2014. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  8. Heines (2001), 74-75
  9. Billard, Lynne (2020). "Women Trailblazers in the Statistical Profession". International Statistical Revue (en inglés) 88 (2): 280–301. ISSN 1751-5823. doi:10.1111/insr.12386. Consultado o xuño 2020. 
  10. "Miss Stella Vivian CUNLIFFE". SUPPLEMENT TO THE LONDON GAZETTE (en inglés). 12 de xuño de 1993. p. 16. Consultado o 4 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]