Steklovata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Steklovata
OrixeOrenburg, Rusia Rusia
Período1999 - 2009
Xénero(s)pop
MembrosDenís Belikin
Artur Ieremèiev
Na rede
Gosdetstvo.ru
Spotify: 3yhOlOHePMA3oe6rRAvdMz Last fm: Стекловата Musicbrainz: f3a22c45-fcf1-4c8e-9870-f07cd151a913 Discogs: 3481088 Deezer: 13825745 Editar o valor em Wikidata

Steklovata (en ruso: Стекловата, Fibra de vidro) foi unha boy band ou banda xuvenil rusa creada no ano 1999. Os seus principais compoñentes eran Denís Belikin e Artur Ieremèiev. O seu produtor foi o compositor Serguei Kuznetsov.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Se ben gravaron tres discos de estudio, a banda non acadou moito éxito, principalmente a causa de non ter patrocinador. Porén, no 2002 conseguiron o maior número de reproducións nas radios estonianas.

Máis tarde, as súas cancións foron difundidas en YouTube como vídeos virais en clave de humor por mor da súa precaria produción. O vídeo máis coñecido desta banda é Novi God (Новый Год, Aninovo). En Cataluña acadaron moita fama grazas ó programa humorístico APM? da TV3, no que se empregaba o vídeo da actuación en ton de ironía e co tempo ficou como un clásico do programa.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 2001 Ldínkoi po steklú (Льдинкой по стеклу, 'Lambetadas na fiestra')
  • 2002 Ostorojno - khrúpkoie (Осторожно - хрупкое, 'Atención - Fraxil')
  • 2005 Spetsxkola (Спецшкола, 'Escola especial')

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]