Saltar ao contido

Stegosauria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stegosauria
Stegosauria
Othniel Charles Marsh 1877 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseSauropsida
SuperordeDinosauria
OrdeOrnithischia
SubordeThyreophora
InfraordeStegosauria
Wikidata C:Commons

O clado dos dinosauros ornitisquios Stegosauria recibiu o nome do Stegosaurus, o seu principal representante, e agrupa animais que tiñan varias características en común, como:

  • corpos sustentados por catro patas;
  • fileiras de enormes placas óseas dispostas a ambos os dous lados da columna vertebral;
  • esporóns na cola.

As placas dorsais puideron ter varias funcións, pero non se sabe con certeza cal era a principal. Algunhas hipóteses din que se usaban para quentar o corpo como os paneis solares, outras cren que tiñan un propósito relacionado co apareamento e para impresionar os machos nas batallas polo poder.

Os estegosauros eran dinosauros ornitisquios. Unha das primeiras innovacións evolutivas foi o desenvolvemento de esporóns de cola como armas defensivas. As especies posteriores fixéronse maiores e desenvolveron extremidades longas que xa non lles permitían correr. Isto aumentou a importancia da defensa activa polos esporóns, que poderían afastar até grandes depredadores. Os estegosauros tiñan complexos conxuntos de esporóns e placas ao longo das súas costas, cadeiras e rabos. Os seus pescozos tornáronse máis longos e as súas pequenas cabezas estreitas, capaces de morder selectivamente as mellores partes das cícadas cos seus peteiros. Cando estes tipos de plantas diminuíron en diversidade, os estegosauros tamén se extinguiron durante a primeira metade do período Cretáceo.

Esqueleto de Stegosaurus no National Museum of Natural History, en Washington, D.C.

Os estegosaurios coñecidos na Península Ibérica son Miragaia longicollum e Stegosaurus sp.[1] e Dacentrus armatus en Aragón.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Familia Stegosauridae

[editar | editar a fonte]

Subfamilia Dacentrurinae

[editar | editar a fonte]

Subfamilia Stegosaurinae

[editar | editar a fonte]

Velocidade

[editar | editar a fonte]

A velocidade máxima dos estegosauros posibelmente estivo entre 6 e 8 km/h. [3]

  1. Costa, Francisco; Mateus, Octávio (13 de nov. de 2019). "Dacentrurine stegosaurs (Dinosauria): A new specimen of Miragaia longicollum from the Late Jurassic of Portugal resolves taxonomical validity and shows the occurrence of the clade in North America". PLOS ONE (en inglés) 14 (11): e0224263. ISSN 1932-6203. PMC 6853308. PMID 31721771. doi:10.1371/journal.pone.0224263. 
  2. Redacción (2024-07-18). "Presentados nuevos fósiles de saurópodo y estegosaurio procedentes de la provincia". Eco de Teruel (en castelán). Consultado o 2025-01-16. 
  3. "Speeds and gaits of dinosaurs". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 38 (3–4): 227–256. 1982. Bibcode:1982PPP....38..227T. doi:10.1016/0031-0182(82)90005-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.