Stefan Edberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStefan Edberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Västervik, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLondres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Altura188 cm Editar o valor em Wikidata
Peso77 kg Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1983–1996), xogador de squash Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata - 1996 Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado20.630.941 $ Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaSuecia Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor em Wikidata
AdestradorTony Pickard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 801–270 Editar o valor em Wikidata  48 Editar o valor em Wikidata 1 (1990)
Tenis dobres 283–153 Editar o valor em Wikidata 18 Editar o valor em Wikidata 1 (1986)
Hall of fame Fitxa HOF Editar o valor em Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1984-1996 Equipe Sueca de Copa Davis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988tennis at the 1988 Summer Olympics – men's singles (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1984Xogos Olímpicos de 1984
Copa Davis Editar o valor em Wikidata
Premios

Olympic.org: stefan-edberg Editar o valor em Wikidata

Stefan Bengt Edberg, nado en Västervik o 19 de xaneiro de 1966, é un extenista sueco. Un dos principais defensores do coñecido como servizo volea do tenis, gañou seis títulos do Grand Slam individuais e tres títulos de dobres masculinos entre 1985 e 1996. Foi número 1 do mundo tanto en individuais como en dobres, fito único con John McEnroe. Tamén gañou a Copa Masters e formou parte do equipo sueco gañador da Copa Davis catro veces.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stefan Edberg na localidade sueca de Båstad no verán de 2007

Converteuse en profesional en 1983 logo de lograr a maior parte dos títulos júnior, como o Orange Bowl ou o Torneo dell'Avvenire en 1982, e sobre todo ao se facer cos catro títulos do Grand Slam júnior en 1983, o primeiro e único en conseguilo ata a data [1]. Na semifinal do US Open júnior o 10 de setembro de 1983 contra Patrick McEnroe, un dos árbitros de liña, Richard Wertheim de 61 anos, ao procurar evitar a bóla dun primeiro servizo do sueco recibiu un golpe na ingua, bateu na chan e fraturou o cranio. O árbitro faleceu cinco días despois a consecuencia dun hematoma subdural. Edberg houbo poñer fin á súa carreira como consecuencia deste accidente[2]. En outubro dese ano chegou á súa primeira final no Torneo de Basilea en dobres formando parella con Florin Segărceanu ao se enfrontar cos checos, e finalmente vencedores, Pavel Složil e Tomáš Šmíd.

Ascenso cara á elite[editar | editar a fonte]

En 1984 co inglés Tony Pickard como adestrador Edberg gañou en marzo o seu primeiro título no Torneo de Milán ao superar o seu compatriota Mats Wilander[3]. Nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, co tenis como deporte de exhibición e reservado a menores de vinte anos, Edberg logrou a medalla de ouro. Co seu compatriota Anders Järryd chegou á final de dobres do US Open en agosto. En decembro de 1984 Suecia, con Edberg e máis Järryds, chegou á final de dobres da Copa Davis e gañaron ao equipo alemán, composto por John McEnroe e Peter Fleming. En febreiro de 1985 Edberg gañou o US Indoor en Memphis ao derrotar a Yannick Noah na final. O seu primeiro título do Grand Slam foi en decembro de 1985 logo de vencer o Aberto de Australia fronte ao seu compatriota Mats Wilander por 6-4, 6-3 e 6-3. Edberg tamén chegou en 1986 á final de dobres do Roland Garros con Järryd do que saen gañadores John Fitzgerald e Tomáš Šmíd por 6-3, 4-6, 6-3, 6-7 e 14-12.

En xaneiro de 1987 defendeu con éxito o seu título ao derrotar ao favorito local Pat Cash en cinco sets para gañar o último Aberto de Australia celebrado en pistas de herba. Edberg tamén gañou. con Järryd, en dobres o Aberto de Australia e máis Aberto dos Estados Unidos en 1987. En xuño na primeira rolda de Wimbledon infrinxiu a Stefan Eriksson o terceiro 6-0, 6-0, 6-0 da era moderna nun torneo do Gran Slam [4]. Ao final do ano estaba clasificado na segunda praza mundial e lograra sete títulos. E en dobres acadou a primeira praza.

Consagración[editar | editar a fonte]

Edberg no Trofeo Jean-Luc Lagardère en 2009

Malia que houbo perder na semifinal con Miloslav Mečíř a súa consagración chegou en 1988 ao lograr chegar á final de Wimbledon e pola primeira volta enfróntase a Boris Becker nunha gran final, Becker ata daquela permanecía invicto na pista central de Wimbledon, xa que tras os seus dous títulos de 1985 e 1986, Boris fora eliminado en 1987 na pista número 1. A final de Wimbledon de 1988 xogouse en dúas xornadas e rematou o luns por mor das malas condicións climáticas.

Cando ían 3-0, con bóla de 4-0, Edberg colapsou e Becker acabou gañando o primeiro set por 4-6. Mais Edberg loitou o segundo set e logrou gañar o desempate 7/6. O público londiniense, propicio ao principio a Becker, comezou a virar con facilidade, e Edberg, máis e máis agresivo e confiado, fíxose cos dous sets seguintes por 6-4, 6-2 diante dun público favorable. Non obstante, perdeu a primeira posición como tenista sueco fronte a Mats Wilander, quen tivo o seu mellor ano ao gañar os Abertos de Australia, Francia e os Estados Unidos e conseguir a posición cimeira do mundo. A rivalidade de Edberg con Boris Becker converteuse nunha das principais de Wimbledon. Edberg chegou ao Aberto de Australia como un dos favoritos, mais no partido contra Pat Cash lesionouse nas costas e tivo que se retirar en cuartos de final en favor de Thomas Muster.

En Roland-Garros, que se celebra en maio-xuño, por mor do clima seco a pista de terra batida era un pouco máis favorable do habitual para os atacantes. Edberg chegou aos cuartos de final logo de perder só un set e enfróntase ao arxentino Alberto Mancini, que viña de gañar en Montecarlo e Roma. Malia o chan pesado dese día por mor da choiva, Edberg gañou en 3 sets e atopou a Becker nas semifinais. A versión de terra batida da final de Wimbledon de 1988 dominouna un Edberg que chega a todos os reveses de de Becker, mais este aumentou a forza dos seus golpes e dominou ata o quinto set, momento no que que Edberg logrou de novo desbaratar o revés de Becker e acabou por se impoñer por 6-2 e pasou á final para se enfrontar á revelación do torneo, Michael Chang de 17 anos, que derrotara ao número un, Ivan Lendl, en oitavos de final. Edberg non foi quen de se impoñer a Chang e perdeu en cinco sets fronte ao máis novo gañador masculino dun título de Grand Slam individual. Roland Garros foi o único título individual que Edberg nunca gañou.

No campionato de Wimbledon de 1989 bateu a McEnroe en semifinais en tres sets, e na final atopouse de novo con Boris Becker, quen se fixo co primeiro set por 6-0, mais Edberg mellorou nos seguintes sen ser capaz de se adiantar e Becker impúxose por 6-0, 7-6 e 6-4. Foi un duro golpe para o sueco que vía como perdía dúas finais importantes. Na final do Open de París-Bercy perdeu unha vez máis contra Becker e no Masters de Nova York en novembro, cun xogo máis agresivo, acabou por se impoñer ao seu gran rival, Becker, por 4-6, 7-6, 6-3 e 6-1.

Liderado mundial[editar | editar a fonte]

Edberg en Hong Kong en 2011

En xaneiro de 1990 no Open de Australia derrotou por un contundente 6-1, 6-1 e 6-2 a Mats Wilander nas semifinais e comezou a final ben contra do número un mundial, Ivan Lendl, ao facerse co primeiro set por 6-4, mais no segundo set comezou a sentir dor nos abdominais e malia intentar continuar houbo de se retirar cando perdía por 5–2 no terceiro set para evitar agravar a súa lesión abdominal. En Roland-Garros, con vinchas nun pé, perdeu na primeira rolda contra Sergi Bruguera. Edberg e máis Becker enfróntase de novo en xullo na final de Wimbledon e Edberg logrou os dous primeiros sets 6-2, 6-2. Mais Becker fixo un break e acadou un mellor ritmo e fíxose con dous sets seguintes por 3-6, 3-6; o quinto set é moi disputado, pero finalmente foi para o sueco, co segundo título de Wimbledon no peto.

Ao longo do verán, Edberg, fíxose con tres torneos: Os Ánxeles, Cincinnati e máis o de Long Island e subiu ao liderado da clasificación mundial o 13 de agosto de 1990. Mantívoo durante o resto dese ano e gran parte de 1991 e 1992. Edberg pasou un total de 72 semanas como primeiro da clasificación mundial. O primeiro gran torneo no que participou logo de acadar o liderado mundial foi op US Open a finais de agosto, mais caeu na primeira rolda co ruso Aleksandr Volkov. En outubro si logrou o título en París-Bercy logo de abandonar Becker na final. En novembro no Masters derrotouno na final Andre Agassi por 5-7, 7-6, 7-5 e 6-2.

No Open de Australia perdeu na semifinal contra Lendl] por 6-4, 5-7, 3-6, 7-6 e 6-4 e deixou o liderado mundial en mans de Becker, o gañador do torneo. Logo de gañar os torneos de Toquio e Stuttgart é un dos favoritos para Roland Garros e dominou algúns dos mellores xogadores de terra batida como Skoff, Chesnokov e Cherkasov, pero en cuartos de final non pode con Jim Courier e perdeu por 6-4, 2-6, 6-3 e 6-4. Gañou pola primeira volta o Torneo de Queen's, en Londres, preparación tradicional de Wimbledon, e neste torneo Edberg chegou de novo ás semifinais, pero perdeu ante Michael Stich nun partido moi igualado: 6–4, 6–7, 6–7 e 6–7.

Durante o verán e a tempada norteamericana previa ao US Open, Edberg non coñeceu o éxito do ano anterior; non obstante en Flushing Meadow bateu sucesivamente a Chang, Sánchez e Lendl para se enfrontar na final contra un Jim Courier en plena ascensión, mais non puido facer nada contra o sueco que venceu por 6-2, 6-4 e 6-0 e malia non poder participar no Masters por unha lesión, Edberg rematou o ano de novo na primeira praza mundial logo de gañar en Sydney.

Despois de dous meses de inactividade, Edberg chegou a Melbourne coa vista posta nas semifinais do Aberto de Australia, a cuartos de final chegou sen dificultade, e alí impúxose a Lendl para pasar a enfrontarse nas seminifinais con Wayne Ferreira ao que gañou en cinco sets e disputou a final con Jim Courier, quen acabou por se impoñer por 6-3, 3-6, 6-4 e 6-2 e o liderado mundial pasou do sueco a Courier. En Hamburgo gañou o seu segundo torneo en terra batida ao bater a Stich. Mais en Roland-Garros perdeu na terceira rolda contra Cherkasov.

En Wimbledon dese ano non puido pasar dos cuartos de final, ao perder con Goran Ivanišević. Edberg foi o abandeirado da delegación sueca nos Xogos Olímpicos de Barcelona, mais derrotouno na primeira rolda o ruso Andrei Chesnokov. Logo de gañar o torneo de New Haven, Edberg presentouse saíu a defender o seu título no US Open, gañou a Richard Krajicek nos oitavos de final por 6-4, 6-7, 6-3, 3-6 e 6-4, despois a Ivan Lendl nos cuartos de final por 6-3, 3-6, 6-3, 5-7 e 7-6 e finalmente a Michael Chang nos cuartos de final por 6-7, 7-5, 7-6, 5-7 e 6-4 para se enfrontar na final a Pete Sampras, quen logrou o primeiro set por 3-6 e Edberg o seguinte por 6-4. O punto de inflexión do encontro produciuse cando Edberg arrebatou o terceiro set no desempate e Edberg puido conservar o seu título.

Dentro da elite[editar | editar a fonte]

Edberg en 2012

En 1993 Stefan Edberg segue a ser un xogador de éxito e regular. Pasou gran parte do ano no terceiro posto tras Pete Sampras e Jim Courier. Edberg chegou unha vez máis á final do Aberto de Australia, e venceu a Pete Sampras na semifinal en 3 sets por 7-6, 6-3 e 7-6. Pero como en 1992, Jim Courier demostrou ser superior na final e gañou por 6-2, 6-1, 2-6 e 7-5. Malia a derrota, o sueco foi un dos poucos xogadores que chegou á final do Aberto de Australia cinco veces. A final de 1993 significou a súa derradeira aparición nunha final individual nun Grand Slam.

Edberg volveu gañar un torneo preparatorio sobre terra batida, neste ano en Madrid ao bater a Sergi Bruguera. O sueco realizou un bo Roland-Garros, e chegou a cuartos de final para o derrotar o ucraíno Andrei Medvedev. En Wimbledon chegou sen problemas ás seminifiais e alí enfrontouse con Courier, pero non foi quen de batelo. No US Open quedou eliminado na terceira rolda e en París-Bercy na semifinal

A tempada 1994 comezou ben para Edberg ao gañar o torneo de Doha en Qatar. No Aberto de Australia caeu nas seminifais por 3-6, 7-6, 7-6 e 7-6 fronte ao norteamericano Todd Martin. De volta en Europa fíxose co torneo de Stuttgart ao vencer a Goran Ivanišević na final. Non obstante, non pasou da primeira rolda en Roland-Garros e da segunda en Wimbledon. Unha das poucas satisfaccións da tempada vai ser a vitoria con Suecia na Copa Davis. Rematou a tempada no sétimo lugar, sen grandes resultados.

Fin de carreira[editar | editar a fonte]

De novo, Edberg, principiou a tempada cunha vitoria en Doha, mais vai ser o seu derradeiro título individual. Nun moi mal ano en Wimblendon resultou eliminado na segunda rolda fronte ao belga Dick Norman. Rematou o ano no posto 23 do mundo, e anunciou que 1996 ía ser o derradeiro no circuíto profesional.

En xaneiro logrou o seu terceiro e derradeiro título de Grand Slam dobres no Aberto de Australia con Petr Korda e en xuño de 1996 Edberg chegou ás finais de Queens Club, pero perdeu o partido contra Boris Becker. Meteuse en cuartos de final do seu último US Open despois de derrotar a Richard Krajicek e Tim Henman, pero perdeu nos cuartos de final contra Goran Ivanišević. En Roland Garros venceu a Karim Alami e Carlos Moyà antes de se atopar con Michael Chang ao que venceu por 4-6, 7-5, 6-0 e 7-6. Dous días máis tarde Marc Rosset derrótao en cuartos de final. En xuño disputou a súa derradeira final no circuíto, no Queen's de Londres, o club onde se adestraba, nun enfrontamento con Boris Becker, que vai acabar gañador. Un mes despois, en Wimbledon o sueco venceu a Guy Forget na primeira rolda, mais inclinouse dante o seu compatriota Tillström na segunda.

No US Open na primeira rolda Edberg logrou vencer o triunfador de Wimbledon, o neerlandés Richard Krajicek aínda que na segunda non puido co croata Goran Ivanišević. Despois de vencer a Michael Stich na primeira rolda do París-Bercy, logrou a que sería a derradeira vitoria no circuíto profesional contra Fernon Wibier en oitavos de final para logo perder en cuartos contra Thomas Enqvist, o futuro vencedor. Edberg retirouse ao acabar a tempada como o xogador 14 do mundo.

Anos tranquilos[editar | editar a fonte]

Stefan Edberg volveu a Suecia en 2000 dende Londres[5] e fundou con Mats Wilander unha escola de tenis en Vaxjö, converteuse nun dos embaixadores mundiais de Adidas e segue a xogar ao tenis en torneos de exhibición con Jarryd, Nystroem e Wilander.

Outros deportes de raqueta[editar | editar a fonte]

En 2004 gañou unha competición rexional de racketlon en Vaxjö[6] e en outubro de 2006 xogou na Elite Series, a máxima división do sistema sueco de squash, co equipo local de Vaxjö[7].

Senior Tour[editar | editar a fonte]

Entre 2008 e 2012 partipou no Senior Tour da ATP. En 2009 venceu o seu primeiro torneo, en París, ao derrotar a Cédric Pioline e ao ano seguinte en Zürich logrou o segundo tras bater a Ivanišević.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Edberg como adestrador de Federer en 2015

En decembro de 2013, sen experiencia previa como adestrador, entrou no equipo que adestraba a Roger Federer [8] . Federer, logo dun ano difícil, amousouse entusiasmado en colaborar cun dos seus heroes da infancia[9]. O 9 de decembro anunciouse a fin da colaboración de Edberg con Federer[10] [11] despois de Federer contratar a Ivan Ljubičić como adestrador.

Estilo[editar | editar a fonte]

Aínda que sueco, Stefan Edberg é antítese dos seus compatriotas Björn Borg e Mats Wilander. No canto de practicar un xogo de defensa e de contra, Edberg é un adepto do servizo-volea ao estilo de John McEnroe. Edberg prefería xogar ao tenis en superficies de xogo rápido e como Pete Sampras, en orixe posuía un reverso a dúas mans, mais so impulso do seu adestrador Percy Rosberg, aos 15 anos pasou a un revés cunha man que fixo del un atacante que utilizaba sistematicamente o servizo volea.

Dos seus seis títulos de Grand Slam individual, catro foron gañados en pistas de herba no Aberto de Australia (1985 e 1987) e Wimbledon (1988 e 1990) e dous en pista dura no US Open (1991 e 1992).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stefan Edberg – The Only Tennis Player to Complete a Junior Grand Slam". stevegtennis.com. 7 de outubro de 2013. 
  2. Pichené, Julien (2010). Carnets de balles. Publibook. p. 140. 
  3. "Stefan Edberg – Caree titles/finals"". ATP Tour. 
  4. "Tennis: petite histoire des 6-0". Slate. 19 de xuño de 2011. 
  5. "Mycket pengar tar mycket tid". Svenska Dagblabet. 26 de xaneiro de 2006. 
  6. "Stefan Edberg Wins his First Racketlon Tournament". racketlon.com. 13 de xaneiro de 2004. 
  7. "Edberg föll i squash-debut". SVT Sport. 10 de outubro de 2006. 
  8. "Roger Federer hires Stefan Edberg to join coaching team". For The Win. 27 de decembro de 2013. 
  9. "Federer hires 'childhood hero' Edberg for 2014". The Local. 28 de decembro de 2013. 
  10. "Fin de la collaboration entre Roger Federer et Stefan Edberg". L'Equipe. 9 de decembro de 2015. 
  11. "Federer ends coaching stint with Edberg, brings on Ljubicic". Tennis.com. 9 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]