"Stay" é unha canción da cantante moldova Anna Odobescu. Representou a Moldova no Festival de Eurovisión 2019 en Tel Aviv, Israel.[1]
A canción foi escollida na pre-selección moldova para escoller representante para o Festival de Eurovisión, O Melodie pentru Europa. A final foi o 2 de marzo de 2019 e gañou con 22 puntos, sendo a gañadora do xurado e a segunda do público.