Stavros Theodorakis
Stavros Theodorakis | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de febreiro de 1963 |
Lugar de nacemento | Drapanias |
Nacionalidade | Grecia |
Ocupación | xornalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Stavros Theodorakis (en grego:Σταύρος Θεοδωράκης), nado en Drapanias en 1963, é un xornalista e político, deputado e líder do partido To Potami.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Natural da illa de Creta, non obstante criouse en Agia Varvara, un arrabalde de Atenas. Comezou a súa carreira xornalística en 1984, traballou nas estacións de radio 902 FM e Skai 100.3, así como no xornal Eleftherotypia. Entre 1985 e 1987 estivo comprometido na educación da poboación romaní.[1] Tamén escribiu tres libros.
En 2000 comezou a presentar o programa Πρωταγωνιστές (Protagonistas) na canle pública de TV, NET e en 2006 pasou á estación privada Mega TV. Os sábados mantiña unha columna no xornal Ta Nea.
O 26 de febreiro de 2014, anunciou a súa decisión para deixar tanto o espectáculo de televisión como a súa columna para lanzar un novo partido, aseverando que a supervivencia dun país non pode depender da bondade dos seus acredores."[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Dabilis, Andy (26 de xaneiro de). "Journalist Theodorakis Sets Up Political Party". Greek Reporter. Consultado o 31 de decembro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil do autor en Protagon.gr (en grego)
- Mandatos de Stavros Theodorakis' no Parlamento Helénico (en inglés)