Station to Station
| Station to Station | ||||
|---|---|---|---|---|
| Álbum de David Bowie | ||||
| Publicado | 23 de xaneiro de 1976 | |||
| Gravación | outubro - novembro de 1975 | |||
| Estudio(s) | Cherokee Studios, Hollywood Record Plant, Os Ánxeles | |||
| Duración | 38:08 | |||
| Xénero(s) | rock, funk, blue-eyed soul | |||
| Selo(s) | RCA Records | |||
| Produtor | David Bowie, Harry Maslin | |||
| Cronoloxía | ||||
| ||||
| Na rede | ||||
| [ editar datos en Wikidata ] | ||||
Station to Station é o décimo ábum de estudio do músico inglés David Bowie, publicado o 23 de xaneiro de 1976 a través do selo RCA Records. Considerado como un dos seus traballos máis significativos, Station to Station destaca por ser o vehículo da última gran personaxe de Bowie, The Thin White Duke. O disco foi gravado tras completar de filmar The Man Who Fell to Earth de Nicolas Roeg, e na súa portada aparece un fotograma da película. Durante as sesión Bowie dependeu fortemente das drogas, especialmente da cocaína, e non lembra case nada da produción.
Musicalmente, Station to Station foi un álbum de transición para Bowie, desenvolvendo a música funk e soul do seu anterior traballo, Young Americans, pero presentando unha nova dirección cara aos sintetizadores e os ritmos motorik influenciados polas bandas alemás de electrónica como Kraftwerk e Neu!. Esta tendencia culminou nalgúns dos seus traballos máis aclamados, a chamada Berlin Trilogy, gravados con Brian Eno entre 1977 e 1979. As letras do álbum reflicten as súas preocupacións sobre Nietzsche, Aleister Crowley, a mitoloxía e a relixión.
Coa súa mestura de funk e Krautrock, baladas románticas e ocultismo, Station to Station ten sido descrito simultaneamente como un dos álbums de Bowie máis accesibles e o máis impenetrable.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por David Bowie, agás "Wild Is the Wind" con letras de Ned Washington e música de Dimitri Tiomkin..
| Cara 1 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 1. | "Station to Station" | 10:14 | |||||||
| 2. | "Golden Years" | 4:00 | |||||||
| 3. | "Word on a Wing" | 6:03 | |||||||
| Cara 2 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 4. | "TVC 15" | 5:33 | |||||||
| 5. | "Stay" | 6:15 | |||||||
| 6. | "Wild Is the Wind" | 6:02 | |||||||
Edicións en CD
[editar | editar a fonte]O álbum foi reeditado catro veces en CD ata a data. A primeira foi en 1985 por RCA coa portada orixinal en vlanco e negro, a segunda en 1991 por Rykodisc con dous temas extra, a terceira en 1999 por EMI cun son dixitalmente remasterizado e sen cancións extra, e a cuarta en 2007 por EMI Japan reproducindo o libreto do vinilo orixinal.