Stara Zagora
| Стара Загора (bg) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Bulgaria | ||||
| Provincia | Stara Zagora | ||||
| Concello | Stara Zagora | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 121.249 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua búlgara | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 85,786 km² | ||||
| Altitude | 196 m | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Zhivko Todorov (2011–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 6000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 042 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | starazagora.bg | ||||
Stara Zagora (en búlgaro: Стара Загора, AFI: [ˈstarɐ zɐˈɡɔrɐ]) é unha cidade búlgara, capital do concello e provincia do mesmo nome. Tiña unha poboación estimada, a mediados do 2022, de 136.144 habitantes.[1]
É a sexta cidade máis poboada do país balcánico.
Xeografía e clima
[editar | editar a fonte]Atópase na rexión histórica de Tracia, a 90 km ao nordeste da cidade de Plovdiv, e a 231 km ao leste da capital do país, Sofía.
A cidade está situada a 196 metros sobre o nivel do mar. O clima é continental temperado con influencias do mar Mediterráneo.
Historia
[editar | editar a fonte]
Stara Zagora é unha das cidades máis antigas de Bulgaria e do sueste de Europa.
A cidade foi fundada polos tracios no século IV a. C. co nome de Beroe. Máis tarde, durante a época do Imperio Romano, no século II, a cidade recibiu o nome de Augusta Traiana, na honra do emperador Traxano. Durante o Imperio Bizantino, a cidade chamábase Vereya. Máis tarde, no século VIII, a cidade recibiu o nome de Irinópolis, na honra da emperatriz bizantina Irina. Máis tarde, a cidade foi conquistada polos búlgaros e, a partir do século XIII, chamábase Boruy. En 1364 a cidade caeu en mans dos turcos, que a denominaron Eski Zagra. Durante a década de 1850, a cidade chamábase Zheleznik (a tradución búlgara de Beroe). En 1871, a cidade pasou a chamarse definitivamente Stara Zagora.
O 31 de xullo de 1877, foi arrasada polo exército otomán durante a Guerra Ruso-Turca, queimada en gran parte e a súa poboación masacrada. Dos seus antigos templos, só a mesquita sobreviviu ao ataque, mentres que todas as igrexas cristiás foron destruídas. Dous anos despois, tras a liberación de Bulgaria, comezou a súa reconstrución, dándolle o seu aspecto actual.
Economía
[editar | editar a fonte]Stara Zagora é un destacado centro administrativo e industrial. Nesta zona prodúcense trigo, cervexa, viño, téxtiles, coiro, fertilizantes, fariña de trigo e esencia de rosas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Población por localidad al 15 de septiembre de 2022". Registro Civil y Servicio Administrativo de Bulgaria (GRAO). Consultado o 30 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stara Zagora |
| A Galipedia ten un portal sobre: Bulgaria |

