Saltar ao contido

Stanko Jurić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStanko Jurić
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1996 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Split Editar o valor en Wikidata
Altura189 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaCroacia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
HNK Hajduk Split

Stanko Jurić, nado en Split o 16 de agosto de 1996, é un futbolista croata que xoga como centrocampista defensivo no Valladolid, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras de varios clubs de Split, entre eles o NK Dugopolje, ao que se incorporou en 2012. En 2015 debutou co primeiro equipo, no que militou ata 2018, actuando como capitán.[1]

En febreiro de 2018 asinou polo Hajduk Split, no que xogou durante os seguintes dous anos e medio.[2] Entre 2021 e 2023 militou no Parma, da Serie B italiana. En 2023 saíu cedido ao Valladolid, que o incorporou en propiedade en 2024.

  1. "Tko je Stanko Jurić?" (en croata). Consultado o 4 de xuño de 2026.
  2. "Stanko Jurić i službeno Hajdukov" (en croata). 16 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2026.