Stanisław Padewski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStanisław Padewski
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Nova Huta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 2017 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Sędziszów Małopolski, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
4 de maio de 2002 – 19 de marzo de 2009 – Marian Buczek (en) Traducir →
Bispo auxiliar
10 de outubro de 1998 –
Bispo auxiliar
13 de abril de 1995 –
Bispo titular
13 de abril de 1995 –
Diocese: Tigias (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Iaguelónica de Cracovia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1995–), sacerdote católico (1957–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Frades Menores Capuchinos Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAntonio Franco Editar o valor em Wikidata

Stanisław Padewski, nado o 18 de setembro de 1932 en Nova Huta (RSS de Ucraína) e finado o 29 de xaneiro de 2017 en Sędziszów Małopolski (Polonia), foi un relixioso capuchino polaco, bispo de Khárkiv-Zaporizhia entre 2002 e 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stanisław Padewski naceu o 18 de setembro de 1932 en Nova Huta, entón parte da RSS de Ucraína e hoxe na rexión de Ternopil de Ucraína. O 28 de agosto de 1950 ingresou na Orde dos Freires Menores Capuchinos, facendo a profesión solemne o 19 de setembro de 1953, con 21 anos. O 24 de febreiro de 1957 foi ordenado sacerdote por Stanisław Rospond, bispo auxiliar de Cracovia.

O 13 de abril de 1995 foi nomeado bispo auxiliar de Kamianets-Podilskyi e bispo titular de Tigias. Recibiu a consagración episcopal o 10 de xuño de 1995 de mans do arcebispo Antonio Franco, nuncio. O 10 de outubro de 1998 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv.

O 4 de maio de 2002 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo da nova diocese de Khárkiv-Zaporizhia. Permaneceu no cargo até o seu retiramento por razóns de idade o 19 de marzo de 2009. Finou en Sędziszów Małopolski o 29 de xaneiro de 2017, con 84 anos.