Standardbred

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cabalo Standardbred nunha carreira de tiro.

O Standardbred é unha raza de cabalo americana máis coñecida pola súa habilidade como cabalo albardeiro de carreiras, onde os membros da raza compiten ó trote ou ó paso. Desenvolvido en América do Norte, a raza pode trazar as súas liñaxes na Inglaterra do século XVIII. O Standardbred é recoñecido mundialmente como cabalos sólidos, rexos con bo talante. Alén de aproveitar correndo, o Standardbred é utilizado para unha variedade de actividades ecuestres que inclúen espectáculos de cabalo e a monta recreativa, particularmente no Medio Oeste, nos Estados Unidos orientais, e no sur de Ontario.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome de « Standardbred » (raza estándar, en galego) foi empregado oficialmente no ano 1879 para ser rexistrada a raza, sendo tódolos Standardbred quen de trotar unha milla no tempo "estándar" de 2 minutos e 30 segundos.

Historia[editar | editar a fonte]

Hambletonian 10.

As orixes da raza remóntanse ó século XVII, cando os primeiros cabalos de trote foron levados a América, xeralmente ó campo e con sela de montar. Porén, non sería até mediados do século XVIII cando os cabalos de trote comezaron a competir en carreiras cos cabalos albardeiros. As razas que contribuíron á creación do cabalo Standardbred inclúen o Narragansett Pacer, cabalo canadense, o purosangue, Norfolk Trotter, Hackney e Morgan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lynghaug, Fran (2009). The Official Horse Breeds Standards Book: The Complete Guide to the Standards of all North American Equine Breed Associations. Minneápolis, MN: Voyageur Press. ISBN 978-0-7603-3499-7.