St Martin-in-the-Fields
| St Martin-in-the-Fields | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
St Martin-in-the-Fields é unha igrexa anglicana situada na esquina nordeste da Trafalgar Square, na cidade de Westminster, Londres. Está dedicada a san Martiño de Tours.
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio actual foi construído entre 1721 e 1726, en estilo neoclásico, polo arquitecto James Gibbs. O seu deseño foi bastante criticado na súa época, pero posteriormente fíxose famoso e foi copiado frecuentemente nos Estados Unidos.[1]
E, na India, St Andrew's Church, no barrio Egmore de Chennai (Madrás), é unha copia desta igrexa.[2]
Pola súa situación destacada, St Martin-in-the-Fields é unha das igrexas máis famosas de Londres. Tamén é coñecida polo seu traballo en favor das persoas sen fogar, a través do seu centro The Connection at St Martin-in-the-Fields.[3]
Nesta igrexa sir Neville Marriner deu en 1956 ps seus primeiros concertos de música barroca coa súa Academy of St Martin in the Fields.[4]
Galería
[editar | editar a fonte]- Vista exterior
- A Igrexa, nun día de sol
- En primeiro plano, a fonte de Trafalgar Square. Ao fondo, a igrexa de St Martin
- Fachada leste
- Interior
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sheppard, Francis (1998). London: A history. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-1982-2922-4. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ St. Andrew's Church[Ligazón morta] (en inglés).
- ↑ Sitio web de The Connection at St Martin-in-the-Fields
- ↑ Massagué, Rosa / (2 de outubro de 2016). "Muere Neville Marriner, la gran batuta de la música barroca". El Periódico. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: St Martin-in-the-Fields |