Sporting Club Casino
Sporting Club Casino | |||
---|---|---|---|
Instancia de | club deportivo ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1890 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | A Coruña ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | sportingclubcasino.es ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Sporting Club Casino é un club deportivo da cidade da Coruña. Fundado en 1890, é a sociedade deportiva máis antiga da Coruña.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Sporting Club Casino foi fundado na Coruña o 16 de marzo de 1890 por uns 60 membros que se reuniran no Teatro Circo por iniciativa de Mauro Rojo e Alfredo Vilar,[2] co obxectivo de emular os clubs internacionais que estaban de moda na época.[3] Cesar Suárez de Centi foi elixido como primeiro presidente, aínda que só uns días despois dimitiu e foi substituído no cargo por Ricardo Caruncho.[2] A sede instalouse no Café Méndez Núñez, un local situado entre a rúa Real e a Avenida da Mariña que era propiedade de José María Rodríguez Pardo.[2]
Dende os seus primeiros anos de vida competiron en carreiras ciclistas, regatas de traiñeiras e competicións de equitación, esgrima, ximnasia ou xadrez.[4] Así mesmo, organizaron outras actividades como representacións teatrais, concertos ou veladas literarias.[2] En 1894 participaron no primeiro partido de fútbol disputado na Coruña, xogando contra membros do British Lawn Tennis Club no Corralón da Gaiteira.[5][6] Entre os membros do Sporting naquel histórico partido atopábase Juan Long, que máis tarde foi o primeiro capitán do Deportivo da Coruña.[5]
O club adquiriu uns terreos no Camiño Novo, actual rúa de Juan Flórez, onde instalou o coñecido como Leirón. Neste espazo realizáronse durante décadas diferentes actividades como verbenas e sesións de baile, e practicáronse numerosos deportes como tenis, hóckey herba ou pelota vasca. Entre os tenistas do club atopábanse Francisco Lloréns, Enrique Mariñas, José María Guimaraens, Luis Fernández Obanza, Enrique Guyatt, Benito Castejón, Emilio Quesada, Luisa e Maruja Fuentes, Pilar Ozores e Julita Paz.[4] En xadrez destacaron o militar Fermín Gutiérrez de Soto e o futuro alcalde da cidade Domingos Merino.[4] O Leirón desapareceu en 1964 e anos máis tarde, en 1974, o club abriu un amplo complexo deportivo na Zapateira, onde continúa instalado hoxe en día.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Novo, Lois (25 de novembro de 2024). "El Corralón de A Gaiteira, donde el fútbol y el Deportivo aprendieron a caminar". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Gutiérrez, José Manuel (17 de marzo de 2010). "Una referencia de la sociedad coruñesa". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2025.
- ↑ "SPORTING CLUB CASINO A CORUÑA". sportingclubcasino.es. Consultado o 14 de febreiro de 2025.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 I. Martelo, Vicente (1 de novembro de 2024). "El Sporting Club Casino". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2025.
- ↑ 5,0 5,1 Ventureira 2022, pp. 31-32.
- ↑ "Notas sueltas". El Anunciador (en castelán) (13276). 2 de marzo de 1894. p. 3. Consultado o 14 de febreiro de 2025.
- ↑ "El Leirón del Casino cierra ante la presión urbanística". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de agosto de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.