Soyuz 5, unha Soyuz modelo 7K-OK cos cosmonautasBoris Volynov, Aleksey Yeliseyev e Yevgeniy Khrunov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa Soyuz 4 no que sería o primeiro acoplamento soviético no espazo simulando un acoplamento en órbita luar. A Soyuz 4 foi lanzada o día anterior á Soyuz 5, con Vladimir A. Shatalov a bordo. Tras sincronizar as órbitas as naves comezaron o achegamento automático o 16 de xaneiro ás 13:37 GMT ata que estiveron a 100 m de distancia, momento no que Shatalov tomou o control manual da nave e se acoplou suavemente no primeiro intento coa Soyuz 5. Khrunov e Yeliseyev, en traxe espacial, saíron da súa cápsula e entraron na Soyuz 4, mentres que Volynov quedou como único ocupante da 5. Tras 4 horas e 35 minutos acopladas a Soyuz 4 separouse da 5 e comezou o regreso á Terra cos tres cosmonautas a bordo mentres Volynov seguía en órbita. A Soyuz 5 comezou un regreso ao día seguinte que case lle costa a vida a Volynov: o módulo de servizo da nave non se separou antes da reentrada, como estaba previsto, e permaneceu unido á cápsula de reentrada, bloqueando o escudo térmico e, peor aínda, facendo que o conxunto, ao entrar nas capas máis altas da atmosfera, adoptara a posición máis aerodinámica para esa configuración, coa parte máis feble da cápsula de reentrada por diante e recibindo a maior parte do calor. Volynov, consciente do problema, non podía facer nada para solucionalo e pronto comezou a chegarlle o cheiro dos selos de goma que hermetizaban a portela da cápsula ao quentarse de máis pola reentrada. No último momento, antes de que a estrutura da cápsula cedera, o módulo de servizo liberouse, a cápsula reaxustouse na súa posición de reentrada a velocidades hipersónicas e o descenso, nunha traxectoria balística que alcanzou 9 G de deceleración e que danou os retrofoguetes de freado, o que lle costou a Volynov os dentes, aínda que sobreviviu á reentrada. O punto de aterraxe, no que a cápsula quedou ás 7:58 GMT do 18 de xaneiro, estaba a 2 km ao suroeste de Kustani. Volynov volvería a voar na Soyuz 21.[2][3][4][5]
↑ 1,01,1N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 5"(en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2017.
↑ 2,02,12,22,32,42,52,6NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 5"(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2017.